Inauguración Venres, 15 de novembro de 2013 ás 20:30 horas no Ateneo Ferrolán.
A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate a visitar a mostra de obra artística, fotografías e textos de Manfred Gnädinger, Man “o alemán de Camelle” que terá lugar no Ateneo Ferrolán do 15 ó 30 de novembro de 2013.
Esta mostra quere ser unha reivindicación do seu legado e memoria desde a faceta de creador coherente, lúcido e profundo que decidido a non colaborar con este statu quo, levou unha forma de vida alternativa. A súa ausencia –morreu, nun acto derradeiro de rebeldía, o día dos Santos Inocentes do 2002, vítima do Prestige- deixa un gran baleiro en Camelle e tamén na arte galega.
Colaboran: Fundación Man e Ateneo Ferrolán.