Saltar ao contido principal

25N: ESPAZO Ecosocialista demanda o fortalecemento de políticas de asistencia integral ás victimas da violencia.





25N: ESPAZO Ecosocialista demanda o fortalecemento de políticas de asistencia integral ás victimas da violencia.

A violencia de xénero é consecuencia da discriminación que sufren as mulleres e da persistencia de desigualdades por razón de xénero na sociedade. ESPAZO Ecosocialista considera que o impulso de actuacións en todos os ámbitos posibles: sociais, económicos, políticos, culturais... que permitan acadar a igualdade efectiva e real entre homes e mulleres será o que consiga erradicar a violencia de xénero, manifestación extrema da desigualdade.

O recurso á violencia está presente en todos os países e en todos niveis sociais. No que vai de 2013, no Estado Español, 44 mulleres e 5 menores de idade foron vítimas mortais da violencia machista. Estes datos sobre vítimas mortais son a punta do iceberg do problema da violencia contra as mulleres. Nos seis primeiros meses de 2013, presentáronse 2552 denuncias por violencia de xénero en Galicia e 60 981 en todo o estado español.

ESPAZO Ecosocialista considera que se debe afondar no fortalecemento das infraestruturas existentes que dan cobertura as necesidades que aparecen cando se producen casos de violencia machista. Neste senso, as/os ecosocialistas queremos facer unha mención especial ao esforzo das organizacións de mulleres especializadas en traballar con vítimas da violencia machista.

As medidas xudiciais son centrais na erradicación da violencia de xénero por isto Espazo ecosocialista amosa a súa preocupación polo baixo índice de condenas polo delito de violencia de xénero: no primeiro semestre de 2006 houbo un 61,47% de condenas mentres que no primeiro semestre de 2013 é de 50,75%. Entre as causas destes baixo porcentaxe atópase, a ollos de diferentes grupos de traballo de xuristas, na escasa concienzación da xudicatura nas cuestións de xénero. Neste senso, a Asociación Ve-La Luz, despois dunha folga de fame dun mes pola visibilación das vítimas da violencia machista, ven de conseguir o compromiso de que se forme unha comisión de investigación no Parlamento galego sobre as sentenzas dos últimos cinco anos en Galicia, cun 60% de sobreseimento.

ESPAZO Ecosocialista solicita que cesen os recortes que están a afectar ás políticas en facor da igualdade e aos programas de prevención da violencia machista. A política de recortes neste ámbito engade vulnerabilidade ás mulleres maltratadas e acosadas. En cifras absolutas, o goberno de Rajoy destinará un 30% menos ao presuposto destinado a prevenir a violencia contra as mulleres. Estos recortes afectan de forma determinante aos retrasos nos xuízos ou aos puntos de encontro. Respecto as rendas de inserción mínima, cada vez hai máis requisitos, o que imposibilita que moiras mulleres vítimas poidan cobrala.

A violencia contra as mulleres pódese evitar: A prevención é esencial.

A violencia contra as mulleres pódese evitar e a prevención é posible e esencial. Espazo ecosocialista considera que a desparición da violencia machista só será posible a través da transformación social, cando se mofifique o papel da muller e a posición entre homes e mulleres iguálese en todos os aspectos: laboral, familiar, social...

Espazo Ecosocialista considera fundamental o papel da educación na prevención da violencia de xénero. Neste senso, esiximos a retirada da nova Lei de Ordenación Educactiva (LOMCE) que abre a porta a financiación pública de centros que segregan, diferenciando ao alumnado e as ensinanzas por sexo. A coeducación é un dos principales eixos cara a desaparición da discriminación por xénero.

ESPAZO Ecosocialista apoia tamén a formación dos diferentes grupos profesionais implicados na prevención e tratamento da violencia machista: deden a avogacía a a xudicatura ata as persoas adicadas ao traballo social, o persoal dos corpos de seguridade, o persoal sanitario, o profesorados

ParticIpación nas diferentes convocatorias do 25N contra a violencia machista

Espazo Ecosocialista chama a participar nas distintas convocatorias para denunciar e eliminar a violencia machista que terán lugar este 25 de novembro de 2013. A construcción dunha sociedade con plena igualdade, única sociedade onde será posible a desaparición da violencia de xénero, é traballo de todos e todas.

Cartaz e comunicado integro:
https://drive.google.com/file/d/0B45StZLuAexJZU40ZFZGN2FqUjQ/edit?usp=sharing