Saltar ao contido principal

Comunicado Sindicato de Estudantes






Desde o Sindicato de Estudantes queremos mostrar o noso agradecemento ós traballadores de Navantia-Ferrol pola súa decisión de unirse á nosa manifestación, que agora tamén é súa, do 20 de novembro, en defensa do ensino público e para esixir a retirada da LOMCE e a dimisión do ministro Wert.

A LOMCE, contra a que nos levamos mobilizando máis dun ano, pretende degradar a niveis propios do franquismo o ensino público, unha conquista fundamental para que os estudantes fillos de trabalaldores podamos acceder a unha educación de calidade.

Pero o ataque ó ensino público non é algo illado do resto de ataques que o PP está levando a cabo. A LOMCE forma parte do plan da dereita para demoler todos os dereitos conquistados pola loita do movemento obreiro durante décadas.

En dous anos de goberno, o PP atacou a sanidade, os dereitos dos traballadores, suebu impostos..., e todo cun único obxectivo: roubar os pobres para dárllelo ós ricos (banqueiros e empresarios). Non hai cartos para a clase obreira porque hai que “rescatar” a banqueiros e demais capitalistas. Por iso non hai carga de traballo para Navantia e por iso ameazan con destruir as condicións laborais que, coa súa loita, conquistaron os traballadores das antigas Bazán e Astano.

Wert está totalmente desprestixiado. A propia Unión Europea calificou de “lixo” as súas mentiras. É o momento de continuar loitando para forzalos a retirar a lei. A retirada da LOMCE ou a dimisión de Wert debilitaría ó conxunto das políticas do PP, dificultándolle sacar a diante os ataques que están en marcha e os que están por vir, entre eles o plan de Navantia. Por iso é o momento de unir forzas. Neste sentido, o Sindicato de Estudantes quere facer unha invitación ós traballadores doutras empresas con problemas para que o día 20 se unan á manifestación de obreiros e estudantes, para así, TODOS XUNTOS, golpear con máis forza ó PP.

Dende a súa fundación en 1986, o Sindicato de Estudantes ten berrado moitas consignas nas nosas manifestacións. Pero hai unha que se berrou, se berra e se berrará en todas:

¡OBREIROS E ESTUDANTES, UNIDOS E ADIANTE!

E berrámola porque o Sindicato de Estudantes é unha organización de clase: somos a organización dos fillos dos traballadores. Por iso, ante a ameaza que representan, para esta comarca, a falta de carga de traballo en Navantia e o plan estratéxico anunciado para o 4 de decembro, queremos dicirlle ós traballadores: contades con todo o noso apoio, o Sindicato de Estudantes vai estar con vós en primeira liña da loita en defensa do futuro da mocidade de Ferrolterra. 
 http://www.sindicatodeestudiantes.net/index.php/noticias/movimiento-obrero/galiza