Saltar ao contido principal

Nota do CCE: Os gaseiros de Gas Natural –Fenosa versus Reganosa e Navantia.



Destápase nestes dias o escándalo de que Gas Natural Fenosa versus Reganosa ( un dos seus máximos accionistas) e Repsol adxudican 4 gaseiros aos estaleiros de Xapón e Korea. Estando os nosos sen carga de traballo, a construción destes catro buques, serviría para paliar a gravísima situación que atravesamos cando máis de 2000 traballadores das Compañías Auxiliares xa están na rúa.

É rechamante que nos útimos anos os directivos de Reganosa (Planta de Gas ilegal, perigosa, deficitaria e destrutiva para a nosa Ría), tentando - sen escrúpulo algún - gañarse á cidadanía, véñennos bombardeando con que Reganosa promove o traballo en Navantia, coa reparación de gaseiros, vestíndose con plumas alleas, xa que Navantia vén realizando estas reparacións desde 1993.

A adxudicación dos gaseiros aos estaleiros asiáticos demostra o interese real, de Reganosa e os seus socios, polo emprego nesta comarca.

Unha vez máis aos traballadores e cidadanía desta comarca tocaranos seguir padecendo a ameaza para as nosas vidas da Planta de Reganosa, a seguir pagando a estafa da subida continuada da tarifa eléctrica e asistindo á destrución do ecosistema da Ría. Todo iso coa complicidade dos gobernos de Rajoy e de Feijóo, que promoven unha política de deixar caer a actividade dos estaleiros públicos para logo desmantelalos.

A pesar do que diga o Alcalde de Ferrol, os xestores de Navantia son simples peóns colocados polo goberno do PP para cumprir o labor político de desmantelamento dos estaleiros públicos.

É a cidadanía de Ferrolterra quen ten nas súas mans o impedilo a través da mobilización sostida e contundente.

Só a presión social - sen perda de tempo - será capaz de reverter esa adxudicación e impedir a posta en marcha do Plan de Empresa que presentarán en próximos días e que será outro paso adiante para a súa destrución.

A solidariedade da comarca e a firmeza dos traballadores teñen que facer posible un verdadeiro plan de viabilidade para os nosos estaleiros, en defensa dos postos de traballo e da vida social e económica de Ferrolterra. ¡ Sí se pode !.


Visita a nosa web: www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander, titular:
 Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995