A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES QUEREMOS CONVÍDARVOS UN ANO MÁIS A PARTICIPAR NOS ACTOS QUE TERÁN LUGAR NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL ÁS 20:00 HORAS.
O 25 DE NOVEMBRO PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.
"O noso corpo, o noso territorio. Libre de agresións, libre de imposicións"
Neste 25 de novembro, queremos unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo autoconvócanse para denunciar o máis profundo rexeitamento das violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres.
Esperamos coma sempre a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista.
MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UN MUNDO SEN VIOLENCIA.
Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!