Con gran sentimento, comunicamos o falecemento, esta tarde, da nosa querida compañeira Victoria Fernández Paredes, tras unha breve, pero irreversible, enfermidade.
Victoria, Directiva e cofundadora da Asociación Cultural Fuco Buxán, mantivo toda a súa vida un gran compromiso con todas as causas sociais, desde a súa activa militancia na HOAC nos anos sesenta, a participación nas ANPAS e nos movementos veciñais, o seu labor como Concelleira polo terzo familiar, despois na UGT e no PSOE e os últimos anos nesta Asociación, desenvolvendo un importante traballo no Foro Social de Ferrolterra e nas súas Plataformas solidarias.
Hai que destacar tamén a súa entrega xenerosa a todas as actividades do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, do que formaba parte e do cal ou seu compañeiro Carmelo Teixeiro foi o primeiro Coordinador.
Lembraremos sempre a Vitoria, e a Carmelo, como amigos, como compañeiros entrañables e como exemplo de dedicación e perseveranza no traballo polo ben social e as causas solidarias.
Aos seus fillos Juan Ramón, Carmelo e Noé, ás suas compañeiras, netos e netas, aos seus hirmáns Angeles e Ricardo, familia e amigos as nosas máis profundas condolencias e apertas solidarias.
Asociación Cultural Fuco Buxán
Tanatorio: Artabria - A Gándara
Enterro: sábado ás 18 hs.