Asociación Cultural Fuco Buxán

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, A Sanidade Pública non se vende: ¡ Se defende !





 A cidadanía mobilizouse hoxe, convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, contra os recortes, as privatizacións e o repago. 

A Sanidade Pública non se vende 
¡ Se defende !

ÁLBUM FOTOGRÁFICO

MANIFESTO


 Mobilización Comarcal en Ferrol 03/03/2013.

Bos días veciñas e veciños de Ferrolterra. Recibide un saúdo da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

Hoxe defendendo á Sanidade Pública como tamén estivemos o pasado domingo defendendo aos estaleiros públicos.

A sanidade pública é unha conquista da cidadanía, non foi un regalo de ninguén, e
cos defectos que haxa que corrixir (un deles as excesivas listas de espera) é comparable a calquera sanidade pública do mundo.

O dereito á protección á saúde se recolle nos artigos 41 e 43 da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 33.

Estes dereitos están ameazados pola falla de recursos co que o goberno da Xunta atenaza ao Servizo Galego de Saúde, co conseguinte menoscabo da calidade asistencial .

Desde a chegada do Partido Popular á Xunta de Galicia e aos gobernos doutras comunidades como Madrid, Valencia e Castela La Mancha, a Sanidade Publica esta sendo motivo de negocio para que beneficie a empresas constructoras como Sacyr Vallehermoso, empresas aseguradoras como Asisa, Adeslas, USP, DKV, Sanitas, Capio Sanidade, Ribera Salud, bancos e mesmo a empresas farmacéuticas,e a empresas como EULEN que tamén queren facer negocio coa Sanidade Pública a costa de encarecer a prestación do servizo, construír centros de peor calidade e a costa de precarizar e reducir o emprego.

Un exemplo claro de que pretende facer o Partido Popular coa Sanidade Pública
témolo no Hospital de Vigo , que ía custar 590 millóns de euros con financiamento
público e coa proposta actual da Consellería cando rematen os 20 anos de
concesión , chegará ós 1.800 millóns de euros. Tres veces máis.

Se pretende trasladar a Galicia modelos, que no seu pais de orixe, o Reino Unido na
época de Margareth Thacher, xa fracasaron, que descapitalizaron o sistema público e que mesmo o Partido Conservador Británico xa anunciou que vai abandonar .

Lembrades a David Cameron pedindo perdón pola morte de centos de cidadáns do Reino Unido como consecuencia da aplicación desas políticas sanitarias?.

Lembrades o fracaso das Fundacións Sanitarias en Galicia promovidas por Núñez Feijoo e o seu mentor Romay Becaría? A Sanidade Pública é sostible o que é insostible e o roubo e o negocio sen
risco co que se pretende privatizar a xestión da mesma.

Se pretende xustificar, unha medida absolutamente política, con a falla de recursos e a crise.

1
Agora que a moitas empresas do ladrillo se lles acaba o negocio, pretenden seguir facendo cartos a conta da privatización da Sanidade Pública. Os impostos da cidadanía teñen que ir a financiar directamente á Sanidade Pública e non para as empresas que queren facer negocio con ela.

Hai que recordar que cando este modelo de implantou en Madrid e Valencia estabamos en plena bonanza económica, o que demostra que e unha medida absolutamente política de aposta por un modelo fracasado e que non ten absolutamente nada que ver coa crise económica.

Para o Partido Popular e CiU o proceso privatizador de divide en tres fases:

Primeira: Privatizar a xestión,co que se empeora a calidade asistencial.
Segunda: Como a calidade asistencial, coa xestión privada, empeora hai que facer
seguros privados.
Terceira: Se temos un seguro privado para que temos que estar financiando a
Sanidade Pública.

Ese e o futuro ao que nos queren levar.

Unha sanidade privatizada precisa de xente enferma, é o seu negocio, polo que non inviste en políticas preventivas.

Quen poida pagar recibirá determinados servizos e quen non poida pagar non os recibirá eses tratamentos. Haberá unha sanidade de dúas velocidades.

Ten isto que ver coa crise ou é converter a saúde nun negocio para unhas cantas
empresas en detrimento da calidade asistencial na sanidade pública?.

Non hai ningún documento económico que demostre o aforro da privatización.

En Estados Unidos se gasta moito máis en saúde que no Estado Español, xa que a maior parte das prestacións son privadas, ten peores indicadores de saúde que en toda a Unión Europea e por suposto que no Estado Español, tanto en vacinacións como en medicina preventiva, mortalidade infantil, mortalidade materna.

Por eso queren reformar o seu sistema sanitario incrementando a asistencia pública mirándose no espello da Unión Europea e do Estado Español, se quere ir a establecer un modelo máis público, máis universal e que de cobertura a cada vez mais persoas, como sucede no Estado Español.

Necesitamos unha aposta decidida pola Sanidade Publica e nesa liña faise
preciso a derrogación da Lei 15/97, que permite esas xestións privadas.

En Galicia, grazas á actual Xunta, estase indo xusto no sentido contrario e cara a
privatización de servizos, reducción de prestacións, establecemento de Repago e da precarización e á reducción do emprego como xa sucede en Madrid, Valencia e Catalunya e agora tamén en Castela- La Mancha co goberno de Dolores de Cospedal.

2
A Xunta de Galicia reduciu,de 2011 a 2013 máis de 116 millóns de euros os orzamentos da do Sergas, 103 millóns so na Atención Primaria, o que fai que cada vez con máis frecuencia se colapsen os Hospitais de Agudos debido a que os recortes en Atención Primaria impiden que os médicos de familia poidan atender debidamente aos pacientes crónicos no seus domicilios. Os recortes en Atención Primaria reducen a calidade asistencial e colapsan as Urxencias Hospitalarias e o Hospitais de Agudos.

Xa se detecta a reducción de contratacións en casos de enfermidade, permiso, vacacións etc, non se substitúe a ese persoal co que o calidade asistencial diminúe.

Tamén se paraliza o Plan de Mellora da Atención Primaria e o Plano de Saúde Mental e Drogodependencia. Vemos os graves problemas que, polos recortes, están a sufrir Asfedro. 

Lazos e outras entidades socio sanitarias, que comprometen a súa existencia .

Mentres isto sucede se seguen incrementando os concertos con Hospitais e clínicas privadas, un exemplo e Povisa en Vigo, que é o centro que ten a maior lista de espera, ó que se lle pagan 72 millóns de euros cada ano, nunha aposta clara por empeorar a prestación sanitaria publica favorecendo que os cidadáns e cidadás acudan a sanidade privada que ademais trata de desprenderse da atención sanitaria aos doentes crónicos, endosándosllos á Sanidade Pública e buscando doentes de maior rendibilidade económica como poden ser os de Cirurxía Traumatolóxica. 

Temos o exemplo do Juan Cardona que recibe 6.5 millóns de euros cada ano do Sanidade Pública.

Non se aplica o decreto de incompatibilidades e se mira para outro lado, sabendo de situacións e comportamentos que aquí en Ferrol son escandalosos. Todos sabemos o que pasa en Ferrol con determinados profesionais, que exercen na pública e na concertada, e a Administración que tamén o sabe non actúa.

Se segue a tratar pola Sanidade Publica, como enfermidades comúns, enfermidades profesionais, nun claro interese de favorecer as Mutuas que serían quen terían que custear eses procesos e que permitirían ós traballadores e traballadoras unha maior retribución e non pagar os medicamentos.

No que se refire a esta Área Sanitaria hai unha falla total de compromiso, deixando
paralizados tódolos proxectos que se tiña previsto facer logo de que o Hospital Naval se incorporou o Sergas e compromiso de investimento de 63 millóns de euros para a súa mellora, non foi respectado polo Partido Popular.

Non se fai unha utilización plena de tódolos recursos sanitarios públicos desta Área Sanitaria, e vemos como ao Novóa Santos se lle está deixando sen contido asistencial, se cadra para pechalo.

Precisamos a creación dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais
nesta comarca onde temos milleiros de persoas afectadas pola asbestose e outras
patoloxías de carácter profesional.

3
Non hai orzamento, no 2013, para a construción dos novos Centro de Saúde de A Capela, Cedeira e Narón . Nin tampouco para a ampliación do Fontenla Maristany.

Temos sen rematar Centro de Saúde de As Somozas, sen rematar a ampliación do
Centro de Saúde de Serantes e non hai orzamento para a reforma da parte vella
de Serantes.

Segue pechado, sen ningunha razón, Consultorio da Graña. O Pleno do Concello de Ferrol, por unanimidade, acordou demandar da Xunta de Galicia a súa reapertura inmediata e o Alcalde de Ferrol, Sr. Rey Varela, non fixo ningunha xestión, nin diante da Consellería de Sanidade nin diante da Xunta de Galicia, para conseguir ese obxectivo. Ese é o compromiso de Rey Varela coa cidade de Ferrol.

Tamén se acaba de pechar o Consultorio do Seixo en Mugardos.

Xa se fala de pechar o consultorios de Ferrol Vello, Maniños, Pedroso, o Val, Mera e Espasante e tamén da supresión de Puntos de Atención Continuada en Concellos pequenos.

Xa se estableceu o repago farmacéutico para pensionistas, moitos deles están deixando de tomar a súa medicación por non poder pagala, e se incrementou o dos
traballadores en activo. Vaise implantar o cobro dun euro por receita, o que supón penalizar a enfermidade e ademais crear aínda máis desigualdades. Deixase de financiar as próteses, ortopróteses, cadeiras de rodas, etc. Todos estes recortes e repagos van producir un grave problema sanitario.

O cobro do transporte sanitario non urxente, que vai afectar de maneira clara aos que teñen que facer Diálise, Rehabilitación, Radioterapia, etc., incide, novamente, no colectivo de pensionistas, que en Galicia ten as pensións máis baixas do Estado Xa ten falado, repetidas veces o Sr. Feijoo de cobrar pola comida hospitalaria e cando se estableza a nova carteira básica de prestacións na Sanidade Pública, poderase ver como prestacións que agora temos, desaparecen.

Especialmente grave é o Real Decreto Lei 16/2012 que deixa sen cobertura a
maiores de 26 anos que nunca cotizaron, a persoas maiores que nunca cotizaron e,
sobre todo aos inmigrantes, nunha actitude completamente xenófoba se lles priva da prestación sanitaria e se lles pretende criminalizar dicindo que consumen moitos recursos sanitarios o que é absolutamente falso. O colectivo de inmigrantes consume moi poucos recursos sanitarios. 
O Tribunal Constitucional ven de admitir a
trámite recursos contra aspectos dese Decreto, especialmente na exclusión dos
inmigrantes sen papeis da Atención non Urxente e de vincular a Tarxeta Sanitaria a
ter cotizado á Seguridade Social.
Debemos reiterar que a Sanidade Pública é sostible e que os recortes que está a
implantar o PP son ideolóxicos, non teñen nada que ver coa crise e si co seu
modelo neoliberal de converter a Sanidade Pública nun negocio para os seus
amigos.

O Estado Español inviste, de media, 1500 euros por persoa e ano en prestación sanitaria está á cola da UE e Galicia aínda inviste menos que o resto do Estado . 

4
Por cada 9 euros que se dedican á Sanidade Pública na Unión Europea en Galicia se dedican 6 euros e, aínda así, temos unha Sanidade Pública equiparable á de calquera país da UE que en incidencia, por exemplo, do cancro de mama está catro punto por debaixo da UE, grazas as políticas preventivas.

Con pouco investimento se están a obter grandes resultados, non hai máis que ver
a esperanza de vida.

1500 euros por persoa e ano en Sanidade Pública. Sabedes canto custa á cidadanía o rescate e saneamento da Banca Privada? Pois 1850 euros por persoa e ano, para non recibir nada a cambio.

Hoxe estamos aquí porque “A saúde non e un negocio”. Foi unha conquista dos traballadores e traballadoras deste país e temos que defendela. É unha legado que recibimos dos nosos pais e que temos a obriga de deixarllo aos nosos fillos e fillas.

Quen acaba de malgastar millóns de euros en socorrer ós bancos e ás Caixas para que os seus directivos cobren millóns de euros de indemnizacións, dinnos que a Sanidade Pública é insostible? É ofensivo e insultante que se nos diga iso.

Sr Núñez Feijoo a súa mala xestión e os escasos recursos que a Xunta de Galicia lle dedica á Sanidade Pública é a que pode acabar cun sistema que, ademais de salvar
vidas, é un dos máximos xeradores de emprego en Galicia.

Pretende Vostede Sr. Núñez Feijoo, aniquilar á Sanidade Pública?.

Lémbrese de que ata os catro colexios médicos provinciais de Galicia, por vez primeira, rexeitan a política sanitaria da Xunta de Galicia e que a “Defensora del Pueblo” ven de denunciar a política sanitaria do Goberno do Estado.

Os que votaron ao Partido Popular en Galicia, Madrid, Valencia ou Castela la Mancha non o fixeron para que se privatice e aniquile o ben máis prezado que temos e que en épocas de crise e de desemprego faise aínda máis necesario: A Sanidade Pública.

Saiba Vostede Sr. Feijoo que os cidadáns e cidadás de Galicia, como estamos facendo hoxe en Ferrol, como onte fixeron en Burela, como farán o día 14 en Vigo e día 21 en Pontevedra, non llo imos a permitir e nos imos mobilizar cantas veces sexa preciso.

A Sanidade Pública non se vende, se defende e a Plataforma pola Defensa da
Sanidade Pública de Ferrol imos defendela.

A saúde non é un negocio . Non á privatización da Sanidade Pública.
Moitas grazas.





A+ | a-

Séguenos no Twitter