Saltar ao contido principal

Manifestación contra a lei de Acuicultura

Convocadas todas as plataformas das rías para manter unha reunión co obxecto de posicionarse conxuntamente en contra do Anteproxecto de Lei de acuicultura de Galicia e apoiar a manifestación convocada polos sectores produtivos para o vindeiro sábado, 27 de febreiro en Compostela.

Sería desexábel acordar uns argumentos comúns polos que rexeitamos o Anteproxecto e solicitamos a súa retirada.

Algunhas ideas, como proposta mellorábel:

É unha Lei de filosofía neo-liberal, pensada para privatizar o mar, sen nengún tipo de restricións. Está pensada para a industria acuícola -peixes- e posiblemente negociada con eles. Elaborouse de costas aos sectores produtivos, grupos ecoloxistas, científic@s, etcétera. O marco normativo pretende que compitan os sectores tradicionais coas multinacionais en base a criterios extrictamente económico-financieiros e tecnolóxicos, que son os criterios que explicita a Lei para outorgar unha concesión.

Elimínase a necesidade dun informe previo de incidencia ambiental. Permítese a ubicación de plantas acuícolas en espazos naturais protexidos. Elimínase a posíbel intervención dos concellos, declarando a supramunicipalidade. Declárase de interese público polo que se poderá expropiar a franxa litoral que precisen as empresas. Vaise producir unha degradación ambiental do mar e dos ríos como consecuencia dos contaminantes (produtos químicos, farmacolóxicos e materia orgánica), do cruce coas especies silvestres, do posíbel escape de especies foráneas (invasoras, exóticas,...), etc.

O día que está convocada a reunión é este venres, 19 de febreiro no local da APDR, en Pontevedra, na Praza da Ferrería, ás 20,30 horas, para acordar posición conxunta en contra da lei de acuicultura e concretar unha rolda de prensa.