Saltar ao contido principal

PAH/STOP Desafiuzamentos - Venres 14 de outubro, 11:30h, concentración en solidaridade con Vanesa e os seus fillos

Este venres 14 de outubro, STOP Desafiuzamentos-Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e a PAH de Ferrol convocan unha concentración ás 11:30 horas diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol -na Praza de Amada Garcia-  en Apoio e Solidaridade con Vanesa e os seus fillos.



Tal e como relata a páxina web da PAH Vigo-Tui, en breves días esta familia pode quedar na rúa:

Vanesa e seus dous fillos de 9 e 6 anos terán que irse do piso subvencionado pola Xunta xa que terminado o prazo do “bono”, non pode seguir pagando o aluguer

Ten dous nenos, dous menores de 6 e 9 anos e carece de ingresos. É unha mais dos 174.000 fogares galegos que se atopan en exclusion social. O 9% dos fogares galegos vive sen ingresos, sen retribución regular, segundo os datos da última Enquisa de Poboación Activa (EPA) de Galicia, que revela que na comunidade galega existen 38.300 familias nesta situación. A cifra ademais creceu de forma considerable, con 5.200 fogares máis (un 17%), con respecto ao ano anterior

Vanesa, ao deixar de recibir a axuda da Xunta, vai acumulando débeda porque cos ingresos de aproximadamente 370€ non pode facer fronte ao pago do aluguer, alimentar aos seus fillos, e ao tempo vivir cun mínimo de dignidade.

É dicir a propia Xunta é culpable da débeda xerada, ao finalizar a subvención.  OPartido Popilar non entende que o dereito á Vivenda Digna non ten prazo e, se o hai, será cando a situación que levou a Vanesa e as miles de familias a emerxencia habitacional desaparezan, ao tempo que a situacion de Crise que eles crearon

Un volve ler sobre as súas liñas de axuda ou os seus plans, Bonos, Plan Aluga, Acordos coa FEGAMP, ou a SAREB ou ABANCA e asi ata 13 millóns de Euros de investimento e as cousas non cadran.

Como é posible que existindo tantos pisos en desuso ou baleiros non se logre un plan real é dar saída social a tanta vivenda baleira ou deshabitada? Como é posible que exista entón 38.300 familias sen ingresos e o ano pasado practicáronse en Galicia 2.432 lanzamentos? É dicir, que practicamente sete familias cada día perdesen as súas vivendas -datos que NON inventamos nós, son datos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-.





Por este motivo, convocamos á cidadanía a acudir a esta concentración, non so polo grave do caso, que afecta a menores, senón pola cantidade de familias galegas que poderían verse en calquera momento na mesma situación.

Vivir é un dereito. Ter casa, tamén.