Saltar ao contido principal

Apoio de Fuco Buxán a ASPANEPS e aos afectados polo Plan PROA


Dende a A.C. Fuco Buxán amosamos o noso total apoio e solidariedade coa Asociación de Pais e Nais de nenos con Problemas Psicosociais( Aspaneps). Denunciamos os salvaxes recortes presupuestarios do goberno da Xunta de Galicia, de Feijoo e do PP nos Programas Asistencias da Infancia, que disminuiron, nos últimos catro anos, un 35% nas axudas destinadas o Programa de salud mental infantil— xuvenil para toda a area sanitaria de Ferrol da Asociación Aspaneps.

Asemade, máis de 50 de nenos/as dos centros educativos CEIP Cruceiro de Canido e a Laxe de Balón quedaranse este ano 2015 sen clases de Reforzo polos recortes da Consellería de Ensino da Xunta de Galicia no Plan PROA ( Plan de Reforzo, Orientación e Apoio).

A.C Fuco Buxan denunciamos que son recortes ideoloxicos, clasistas e neoliberais e amosan a profunda insensibilidade, insolidaridade e inhumanidade do goberno do PP da Xunta de Galicia, coa sumisa complicidade do goberno do PP de Ferrol, que mira para outro lado mentras estas medidas afectan as persoas mais vulnerables da nosa cidade, atentando contra a igualdade de oportunidades, perxudicando seriamente aos usuarios, supoñendo un grave ataque os dereitos humanos, mermando os servizos e os recursos, ceibándose salvaxemente coas persoas mais vulnerables e coas suas familias e causándolles moita dor e sufrimento.

Desde a A.C Fuco Buxan esixímoslle ao goberno da Xunta de Galicia e ao goberno do PP de Ferrol máis axudas públicas destinadas a Asociación Aspaneps e para o Plan PROA para que estes programas poidan desenvolverse nas mellores condicións e cos mellores recursos e atender a todos os nenos e nenas da nosa cidade que o necesiten.