Saltar ao contido principal

Sobre a rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia do pasado venres 5 de agosto

O Comité Cidadán de Emerxencia ven de publicar dous artigos sobre a rolda de prensa que convocaran o pasado venres 5 de agosto no Ateneo Ferrolán, e que contou con numeroso respaldo político, aparte do respaldo cidadán.

No artigo "A Rolda de Prensa ofrecida hoxe polo CCE", realizan unha pequena sinopse sobre o contido da rolda de prensa, na que, aparte de expresar o seu contento polas xa catro sentencias favorables á súa causa emitidas polo Tribunal Supremo, mencionaron que a exención que realizaba o Consello de Ministros sobre Reganosa de realizar avaliación de impacto medioambiental salpicaba tanto ao goberno autonómico como ao estatal -en funcións- dentro da trama corrupta para beneficiar os intereses privados tras a planta de gas.



O artigo "Videos da Rolda de Prensa de onte do CCE" contén -tal e como indica o título- sendos vídeos sobre a citada rolda de prensa, dos que recomendamos o visionado.


Planta de gas, PECHE XA!