Saltar ao contido principal

COMUNICADO DE PRENSA do FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN



Comunicado:
SALVEMOS A HOSPITALIDADE NO PARLAMENTO GALEGO:

O Foro Galego de Inmigración no marco da Campaña Estatal Salvemos a Hospitalidade que desenvolve e promove xunto con outras entidades e asociacións do conxunto do Estado presentará o martes día 5 de marzo aos grupos do Parlamento Galego o texto da Moción “Salvemos a Hospitalidade”- que xuntamos con este Comunicado de Prensa-, co obxecto de que sexa consensuada e presentada para a súa aprobación ao Pleno da Cámara Galega o máis pronto posible.

As Xuntanzas previstas son as seguintes:

16:00 h: Con representantes do BNG

16:30 h: Con representantes do PSdG-PSOE

17:00 h: Con representantes de AGE (Alternativa Galega de Esquerdas)

Pendente confirmar hora exacta da xuntanza con representantes do PPdG (temos comprometido que nos van atender na mesma tarde do martes día 5 de marzo)

A Moción pretende conseguir un cambio no Anteproxecto de Modificación do Código Penal presentado polo Ministerio de Xustiza no referente ao artigo 318 bis do devandito Código. 

Na súa concepción, o artigo 318 bis do Código Penal naceu como garante da protección das persoas afectadas por certas actividades derivadas dos fluxos migratorios, como trata de seres humanos ou tráfico de inmigrantes. Non obstante, coa modificación do devandito artigo que pretende levar a cabo o Goberno, actuar de forma humanitaria pode pasar a converterse en causas de persecución (ou de non persecución), en función do criterio do Ministerio Público.

Equipáranse así a aquelas persoas que se lucran explotando a colectivos en risco de exclusión ou co tráfico de persoas (accións que, por suposto, censuramos rotundamente), con aqueles que levan a cabo actos de solidariedade coas persoas en situación administrativa irregular. Esta equiparación afecta de forma moi lesiva a un dos piares básicos da sociedade: a convivencia.

A consecuencia que se desprende de todo o anterior é ben grave: a partir deste momento, se o Fiscal decide acusar, aínda concorrendo móbiles altruístas na acción solidaria, será moi difícil obter unha resolución xudicial favorable a quen practicou a solidariedade, porque esta acción está explicítamente tipificada como forma de ataque a un ben xurídico protexido.

PARA MÁIS INFORMACIÓN: 

Miguel Fernández Blanco (662-307019)
 Rocío Rodríguez (981-580506/600-876480)

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN

Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
http://www.forogi.wordpress.com