Saltar ao contido principal

Nota da Asociación Galega Defensa da Sanidade Pública trala substitucion das consultas sanitarias por chamadas internet.





Diante do anuncio da Conselleira do desenvolvemento dunha Plataforma de Servizos por Internet para conectar por vía telemática aos hospitais e aos facultativos co fogar dos enfermos (co argumento de aforrar custos e facer sostenible o sistema sanitario) a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar:

1.- Que con esta medida a Conselleria de Sanidade pretende dar un novo impulso ao proceso de privatización da sanidade galega, financiando con diñeiro público unha plataforma de servizos por Internet nos domicilios dos pacientes. Esta Plataforma foi asignada á Empresa R que forma parte da multinacional sanitaria CAPIO (presente nos servizos sanitarios da maioría das comunidades Autónomas, entre eles os Novos Hospitais Privatizados de Madrid).

2.- O segundo obxectivo da mesma é reducir, aínda máis, os recursos e profesionais dos centros sanitarios públicos substituíndo atención hospitalaria por consultas electrónicas (cos riscos que isto pode supoñer para a calidade e seguridade da asistencia). A medida ademais incrementará as desigualdades xa que este tipo de consultas só serán accesibles a persoas que teñan Internet e capacidade para manexar esta tecnoloxía, algo impensable para a gran maioría das persoas maiores, sobre todo si viven no medio rural cunhas pensións cada vez máis raquíticas.

3.- En resumo a Xunta de Galicia pretende incrementar os recortes en atención sanitaria substituíndo consultas e coidados hospitalarios por servizos telemáticos e favorecer a penetración e o negocio das multinacionais no Sistema Sanitario Público Galego.

Consideramos escandaloso que as multinacionais privadas estanse quedando con todas as innovacións do sistema sanitario en Galicia, como é o caso da Información (en mans de Indra/Bankia e Capio/R), a cita previa e o teléfono informativo (Fondo Netaccede, consultora Ernst-Young e Nova Galicia Banco, en transo de adjudicación a fondos de investimento estranxeiros). En case todos estes casos existen intereses cruzados con altos cargos da administración sanitaria pública



17/09/2013