Saltar ao contido principal

Marchas da Dignidade - Concentración en solidariedade con Emilio Cao: sábado 3 de decembro, 12h, O Carballiño (Ourense)

As Marchas da Dignidade chaman a participar a unha concentración pacífica o vindeiro sábado 3 de decembro, ás 12:00h, no Carballiño (Ourense), en solidariedade con Emilio Cao e contra as leis mordaza.


As Marchas da Dignidade de Ferrolterra asistirán a esta mobilización en vehículos particulares. Partirán cara aló este sábado 3 de Decembro, ás 9 da mañá, do Monumento 10 de Marzo, en Recimil.
 

Compartimos o comunicado da convocatoria:



Supera xa o cento de persoas encausadas polas mobilizacións das Marchas da Dignidade.

Os diferentes procesos xa iniciados atópanse en diferentes fases procesais máis o que de máis preto nos toca e o que lle afecta a Emilio Cao, un rapaz do Carballiño que formou parte da Columna Galega na movilización do 22M na que centos de galegas e galegos a título particular, outros embarcados na decena de autocares que se fletaron ou no emblemático “Tren da Dignidade”, levamos e paseamos a Dignidade Galega polas rúas de Madrid demandando PAN, TRABALLO E TEITO para todos. 


O réxime quixo criminalizar esa manifestación que foi totalmente pacífica como posteriormente se puido demostrar. Non iban connosco activistas de “Resistencia Galega” como dende a montaxe policial nos quixeron facer ver. A Resistencia Galega amosámola protestando pacíficamente xunto con xentes do común do resto das columnas que chegaron a Madrid dende todos os pobos, nacións e rexións do estado español. 


O réxime non podía consentir o que foi unha das máis grandes manifestacions pacíficas contra os gobernos que se lembran en Madrid, e tomou reféns. Un dos reféns foi EMILIO CAO ao que agora, dous anos e medio despois, a fiscalía lle pide 5 anos e oito meses de prisión e 600 euros de multa só polo feito de protestar pacíficamente igual que o fixemos cada un e cada unha de nós. As Galegas e os Galegos, a xente de ben, NON O PODEMOS CONSENTIR. Imoslle amosar todo o noso apoio e solidariedade o vindeiro día 3 no Carballiño a Emilio e a todxs xs inxustamente encausados polo só feito de protestar, e vaia todo o noso rexeitamento a este goberno, a este réxime, que nos quere calados, amordazados e na casa, (quenes aínda dispoñan dela, claro!!!)




Vídeo da convocatoria:




Audio da convocatoria:  https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSZl9NdjBWZkxLNVE/view?usp=sharing

Volantina: https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSY0Q1a2xhRV9UZDg/view