Saltar ao contido principal

Marchas da Dignidade - Manifestación galega en defensa das pensións na Coruña: sábado 25 de febreiro, 12h

Este sábado 25 de febreiro, ás 12:00h partirá na cidade da Coruña unha mobilización partida en dúas columnas que confluirán nos Xardíns de Mendez Núñez ás 13:00h en defensa das pensións públicas organizada polas Marchas da Dignidade.


Neste caso, e por falta de medios humáns, dende a Coordinadora das Marchas da Dignidade de Ferrolterra descartouse a posibilidade de organizar autobuses para viaxar á Coruña para esta mobilización. Polo tanto, o transporte farase en vehículos particulares, existindo a opción de empregar o autobus. Tras consultar os horarios de autobus para ese día dende Ferrol, o máis convinte para aquelas persoas que se plantexen ir directas á mobilización parece ser o que parte ás 10:30h da estación de autobuses e que ten prevista chegada ás 11:20h.

Segundo indica a organización no seu blog na publicación titulada "Percorrido definitivo das columnas o 25F na Coruña", á comarca de Ferrol lle corresponde a columna 2, que partirá do Campo da Leña ás 12:00h e á que lle corresponde o percorrido indicado na seguinte imaxe:



Para aquelas persoas que decidan ir en autobús, o máis recomendable para elas sería coller dende a Estación de Autobuses o bus urbán nº4, que fará o percorrido indicando neste roteiro: https://goo.gl/maps/Sa2WafG7xtS2

Para máis información: