Saltar ao contido principal

O 15 de outubro, mobilízate contra os tratados de comercio que priorizan os intereses económicos sobre as persoas

Este próximo 15 de Outubro, as Marchas da Dignidade convocan mobilizacións en toda Galicia, dentro da convocatoria a nivel mundial dun outono de resistencia, que chama á mobilización popular contra os tratados mal chamados de libre comercio, e contra a impunidade das transnacionais, e que no estado español transcurrirá na semana do 8 ao 15 de outubro.

Como non pode ser doutro xeito, Fuco Buxán súmase a esta convocatoria, e convida á cidadanía a participar nas mobilizacións programadas, e máis concretamente na que terá lugar en Ferrol o sábado 15 de outubro, ás 19h, e que partirá da Praza de Amada García -fronte o edificio da Xunta, zona Praza de España-.




A continuación, compartimos o comunicado que están a difundir dende as Marchas da Dignidade de Ferrolterra sobre este evento.


O dia 15 de Outubro, como noutras cidades de Galiza, en Ferrolterra mobilizaremos-nos contra os tratados comerciais e financeiros, patrocinados polos executivos dos estados neoliberais e das grandes transnacionais, entre a UE e EEUU, e a UE e Canada.

Estimad@s Compañeir@s:

Na Asemblea das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, celebrada onte, luns 3 de Outubro, na traseira do Mercado Municipal de Caranza, acordamos entre outras cousas secundar, a proposta da Coordinadora Galega, a convocatoria internacional dunha "Semana de Loita e Resistencia contra os Tratados Neoliberais:TTIP, TISA e CETA". En concreto acordamos manifestar-nos, como noutras cidades Europeas, o dia 15 de Outubro. Como noutras comarcas de Galiza, en Ferrolterra mobilizaremos-nos contra os tratados dos estados neoliberais e as grandes transnacionais, entre a UE e EEUU, e a UE e Canada. Convocamos unha manifestación que terá lugar en Ferrol, ás 7 da tarde do mesmo sábado 15 de Outubro, que partirá desde a Praza Amada Garcia (diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia), pasando pola rúa Españoleto, até a Praza do Himno Galego, onde terá lugar un acto reivindicativo, coa intervención das organizacións que se sumen á convocatoria. Polo que facemos un chamamento ás organizacións políticas, sindicais, sociais, ecoloxistas, veciñais, feministas, ... que estean contra estes tratados que participen nesta convocatoria.

Entre os días 8 e 15 de Outubro deste 2016, vai ter lugar unha campaña internacional contra os tratados dos estados neoliberais e as grandes transnacionais da especulación, provocadoras do cambio climático e consumadoras do latrocinio aos pobos, entre a UE e EEUU, ou a UE e Canada. O movemento anti-TTIP, chama a unha semana de loita, co obxectivo de que o actual Goberno Español, en funcións, non dea luz verde á aprobación do tratado comercial e financeiro entre a Unión Europea e Canadá, o CETA, no Cume que se celebrará en Luxemburgo o próximo día 18 de Outubro. Deste xeito, xa hai convocados actos e mobilizacións en diferentes cidades, perante a semana de resistencia e loita, culminando o sábado 15 de Outubro, con manifestacións e concentracións en toda Europa. As cales coinciden e súmanse ás protestas que anualmente se realizan con motivo do "Día Mundial contra a Pobreza". Son centos de organizacións sindicais, feministas, veciñais, sociais, ecoloxistas, ... que van protestar e denunciar ante o intento do goberno español en funcións, de asinar o citado tratado.

Son tres os obxectivos nesta semana de loita. En primeiro lugar, evitar que o Goberno español dea luz verde ao CETA, no Cume, a do día 18 de Outubro, que precederá ao de xefes de gobernos do día 21, asistirán en representación española o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel García-Margallo, e o secretario de Estado de Comercio, Jaime García-Legaz. O segundo amosar que "o TTIP non está morto, malia á grande mobilización social contra este tratado entre a Unión Europea e Estados Unidos, durante os últimos anos". "Van conxelar as negociacións do TTIP entre xaneiro e setembro de 2017 e poñeranlle outro nome para quitarlle o lastre de denuncia asociado ás siglas TTIP". E por último reclamar que "nin o CETA se aprobe no Cume nin que continúen as negociacións sobre o TTIP".

En diferentes estados da Unión Europea (Alemaia, Bélxica, Francia, Austria, Hungría, Eslovenia, ...), levam tempo mobilizando-se contra estes tratados, perante meses, acelerando-se nos últimos tempos, maila que os medios de comunicación ocultan deliberadamente a campaña e as protestas. Temas como a protección do investimento, pois tato o CETA e o TTIP conteñen mecanismos como o chamado Sistema Xudicial de Investimentos-ICS, un tribunal de carácter privado, onde as corporacións empresariais poderián denunciar aos estados, mesmo en caso de que unha lei aprobada por un estado, lles provoque perda de beneficios; ou a eliminación do principio de precaución, que esixe seguridade á saída ao mercado de produtos para que non sexan nocivos social e medioambientalemente falando, ou a protección dos servizos públicos e os dereitos laborais, son reclamacións que se escoitaron nas diferentes mobilizacións europeas; ou prácticas contra a saúde ou o medio ambiente como son o fracking... Na Galiza este verán da man de Nuñez Feijóo, teñen-nos visitado capitalistas usamericanos, coa intención de comprobar insitu o negocio e beneficio que poden tirar desta terra (acaparamento de terras, o negocio mineiro, privatización da explotación das nosas rías, ... os servizos públicos, o negocio da saúde... A substitución de produtos alimenticios de proximidade, por produtos trans da agricultura e gandería intensiva... Substituír a soberanía alimentaria, pola dependencia ...

Outra iniciativa que se levará a cabo para paralizar estes tratados durante os días 19 e 20 de Outubro é un encontro de representantes de concellos europeos que se mostraron en contra destes acordos transatlánticos. Tamén hai iniciativas, máis aló da mobilización social, no resto de Europa, para derrubar o CETA e o TTIP, demandas xudiciais contra o CETA nos tribunais por inconstitucionalidade, recolleita de sinaturas suficientes para que se someta a referendo entre a poboación...


Outono de Resistencia Contra o TTIP, CETA e TISA.

MANIFESTACIÓN

Día: Sábado 15 de Outubro.
Hora: 19:00 horas.
Lugar de concentración e saída: Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).
Percorrido: Rúa Españoleto.
Remate e Acto: Praza do Himno Galego (Esteiro).

Marchas da Dignidade Ferrolterra

Contacto:

Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com |
Teléfono: 602 587 531 |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego:http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal:http://marchasdeladignidad.org/ |


Blogue do Plan Comarcal de Choque contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica:
http://asmarchaspoloemprego.blogspot.com.es/




 

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!