Saltar ao contido principal

O Rural, Fonte de Emprego

Xornadas de Aproveitamento dous Recursos Naturais como Oportunidade de Emprego. Baixo o lema O rural, fonte de emprego.

A Fundación Ortegalia reflexiona sobre a xeración de emprego en zonas rurais

Quinta edición dunhas Xornadas de Aproveitamento dos Recursos Naturais como Oportunidade de Emprego: "O rural, fonte de emprego" que se van celebrar en Ortigueira o sábado 27 deste mes de Febreiro. Unha interesante iniciativa á que temos que prestar atención.

A Fundación Ortegalia reflexiona sobre a xeración de emprego en zonas rurais

A Fundación Ortegalia celebra o sábado 27 de febreiro a quinta edición das Xornadas de Aproveitamento dous Recursos Naturais como Oportunidade de Emprego. Baixo o lema O rural, fonte de emprego, o Museo Ortegalia acollerá esta actividade desde as 09:45 horas.

A inauguración correrá a cargo do alcalde de Ortigueira, Juan Vicente Penabad. Ao longo da mañá, intervirán Francisco Fernández Carreja, axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ortigueira; Manuel Míguez, administrador e técnico da firma Boibel Forestal; Enrique Fandiño, enxeñeiro técnico forestal de Hifas da Terra, e Antón Vázquez Curral, director técnico de Puraga.

Unha visita á Granxa Caxigueira pechará o programa desde as 13:00 horas. Os relatores tratarán as posibilidades do Ortegal para xerar emprego, experiencias en plantación e silvicultura de frondosas, a micoloxía aplicada ao medio rural desde a investigación e a innovación ou a rendibilidade do cabalo de pura raza galega en explotacións gandeiras.

Os interesados en acudir poden poñerse en contacto coa Fundación Ortegalia nos correos fundacion@ortegalia.es e museo@ortegalia.es ou no teléfono 981402413.