Asociación Cultural Fuco Buxán

24N Mobilización das Marchas da Dignidade

 
 IMPORTANTE!!

BUSES DESDE FERROLTERRA PARA ENCHER O OBRADOIRO O PRÓXIMO 24-O


O próximo sábado 24 de Outubro saíran autobuses desde Ferrolterra.

Ás 9:30 da mañá sairán desde a praza 10 de Marzal, no barrio de Recimil en Ferrol, facendo paradas en Caranza, Fene e Cabanas. Chegando ao antigo mercado do gando de Salgueiriños en Compostela, onde a Columna Norte (11:00hs) entrará en manifestación até a praza do Obradoiro (12:00hs), onde terá lugar o acto final da mobilización. A volta de regreso a Ferrolterra será as 14:30 do mediodía. O custo da viaxe será 5 euros por persoa.

Para anotarse podedes chamar ao número de telefono 602 587 531 ou mandar un correo a marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com e deixar o voso nome e telf. ou tamén podedes enviar unha mensaxe a través do facebook. O límite para anotarse será o próximo venres ao mediodía. Canto antes vos apuntedes mellor, para facilitarnos saber cantos buses hai que contratar.

Ánimo!! fagamos que a columna de Ferrolterra sexa forte, alegre e combativa. Quédannos moitas batallas que afrontar, que saiban os da TROIKA (Fondo Monetario Internacional, Banco Central Europeo e Eurogrupo) e os seus servidores PP, PSOE e CIUDADANOS, que a columna ferrolterra vai ser dura de roer, Ferrolterra Resiste!!!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1091688770848836/

IMPORTANTE, VÍDEO PARA COMPARTIR POLAS REDES SOCIAIS PARA ANIMAR Á XENTE Á PARTICIPAR NESTA MOBILIZACIÓN.

https://youtu.be/vfsDwU7Fd_c

IMPORTANTE, ENLACE AO BLOG DAS MARCHAS DE FERROLTERRA PARA DIFUNDIR POLAS REDES SOCIAIS, ONDE ESTÁ UN PEQUENO TEXTO QUE FIXA UNHA POSICIÓN POLÍTICA E SOCIAL PARA ANIMAR A PARTICIPAR NESTA MOBILIZACIÓN RECOLLENDO A SITUACIÓN ACTUAL QUE ESTAMOS A VIVIR.

http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/2015/10/polo-dereito-vivir-dignamente-as.html

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

Ven debater no grupo:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Enviado por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
18 de outubro de 2015 22:41
 
INFORMACIÓN DA LOXÍSTICA:


PUNTO DE RECOLLIDA. EN XOAN XXIII, PRETO DO OBRADOIRO EN TORNO AS 13.30H.UNHA VEZ FINALICE O ACTO DE PECHE DO QUE ADXUNTAMOS O CARTAZ CO PROGRAMA ELABORADO E COORDINADO POLA PLATAFORMA GALEGA DE ARTES ESCÉNICAS ASÍ COMO O MANIFESTO MAQUETADO QUE SE VAI A LER QUE PROPUXERON DENDE A PLATAFORMA DA CORUÑA E SE ELEVOU A DEFINITIVO HOXE CAS APORTACIONS RECIBIDAS NO CORREO ELECTRÓNICO DA PLATAFORMA GALEGA DAS MARCHAS.

LIGA AQUÍ AO MANIFESTO(PDF) AO QUE LLE DARÁ LECTURA O COMPAÑEIRO. INCANSABLE ACTIVISTA Nicanor Acosta. https://drive.google.com/file/d/0B4q_Hj_9LGQSNEhwck1qbV9lQVU/view?usp=sharing
A+ | a-

Séguenos no Twitter