![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiAsMRtcazOwZ1xqqy9nPInTmHPhxMKsy_ch07xZYLsOQnYi-V3ZhssLyQc4QJhpNWmRxozGdPN_1lLU35B-vYCoNT1J1CP1_iq_WAifKu-Hbbxc0K1UJVxhzW-JwheTzRi4QvGBN2QRUI/s320/78.IMG-20160302-WA0002.jpg)
Desde hoxe, a cidadanía poderá disfrutar dos murais de Xaime Quessada Porto, no marco excepcional do Auditorio Municipal de Caranza, ambos realizados polo artista na Praza de Armas de Ferrol:
Mural Anti – OTAN, de 1981, feito a solicitude do PCG. (20 x 4 m.)
Mural en Defensa da Ría e da Vida, de 2002, a petición do Comité Cidadán de Emerxencia, contra a ubicación da Planta de Gas. (16 x 2,40 m.)
Parabéns a cantos/as contribuiron a facer posible esta importante manifestación artística e social que enriquece á cidade de Ferrol. Alcaldía, Concellería de Cultura, Equipo de Goberno, Fundación Quessada Blanco.
Até o día 17 de marzo, pódese visitar en horario de 11,30 a 13:00 horas e de 17:00 horas a 21:00 horas. Despois sempre que se asista aos actos programados no Auditorio.