Saltar ao contido principal

VIII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, e II da súa compañeira Victoria Fernández Paredes


O sábado 6 de febreiro, o Comité Cidadán de Emerxencia celebrará o VIII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité e o segundo da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013).

Con este motivo, convídase a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza, que consistirá, como xa é costume, nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, e terá lugar, ás 12 hs, no Parque Carmelo Teixeiro, Caranza – Ferrol.

Agradeceremos así a Victoria e Carmelo o seu exemplo exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais, a súa militancia sindical, política e social de toda unha vida e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.