Saltar ao contido principal

Homenaxe a Susana Alaniz





Onte á tarde a Asociación de Mobilidad Humana, celebrou en Narón un acto titulado ”Muller Migración e Violencia”, coa participación de especialistas e Asociacións e a colaboración dos Concellos de Ferrol e Narón.

No marco deste acto dedicáronlle unha sinxela e emotiva homenaxe á nosa compañeira Susana Alaníz, responsable da área de Inmigración na A.C. Fuco Buxán, como recoñecemento ao seu importante labor de tanto tempo en todas as temáticas sociais, especialmente co Colectivo Inmigrante.

Desde Fuco Buxán sumámonos a esta merecida homenaxe e felicitamos entrañablemente a Susana e tamén á Asociación Mobilidad Humana, pola iniciativa e polo éxito da xornada.