Saltar ao contido principal

Comité Cidadán de Emerxencia - Homenaxe a Victoria e Carmelo o sábado 11 de febreiro, ás 12h

Como tódolos anos, nas proximidades do 9 de febreiro, o Comité Cidadán de Emerxencia organiza un homenaxe lembrando a Victoria Fernández e Carmelo Teixeiro. Este ano terá lugar o vindeiro sábado 11 de febreiro. Compartimos a invitación que fan dende o Comité, e convidamosvos a participar nel para que a súa memoria perdure.



O vindeiro domingo cúmprese o IX Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Con este motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza e na da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013).

O Acto, que consistirá nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, terá lugar o


sábado, 11 de Febreiro, ás 12 hs,

no Parque Carmelo Teixeiro

Caranza – Ferrol.

Carmelo e Victoria serán sempre, para todas e todos nos, un exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.



Victoria e Carmelo estarán sempre no noso recordó acompañándonos no empeño de conquerir un mundo máis solidario e habitable.

Ferrol polo mar e pola vida