Saltar ao contido principal

HOMENAXE NACIONAL A FIDEL CASTRO


A figura do líder histórico da Revolución Cubana e a súa loita a prol da independencia dos pobos revive o 29 de abril ás 19.30 h no Teatro Principal de Pontevedra.

O acto, presentado por Mónica Camaño, será de balde (ata completar aforo)  e incluirá catro apartados: (interpretacións musicais, recitado de poemas, intervencións politicas e proxección de vídeos), contando coa participación das persoas que a seguir se indican.

Poetas: Anxo Angueira, Marta Dacosta, Pepe Cáccamo, Manolo Pipas, Celso Parada e Luz Fandiño.
Musicos: Tino Baz, Mini e Mero e Uxía Senlle.

Oradores: Miguel Anxo F, Lores (alcalde de Pontevedra), José Antonio Solana (cónsul xeral de Cuba en Galiza), Willy Toledo (activista e actor) e Valentín Alvite (presidente da Asociación Francisco Villamil).

Agardamos contar coa túa presenza e activa colaboración na difusión desta homenaxe.
Vémonos en Pontevedra!
VIVA FIDEL!!
-- 
Terra sen amos - Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

FACEBOOK - Terra sen Amos
TWITTER - @galegocubana