Saltar ao contido principal

Colocación Murais de Quessada no Auditorio Caranza


A nosa Asociación Cultural informa do vindeiro acto organizado polo Concello de Ferrol, colocación dos murais de Xaime Quesada decicados; un á defensa da Ría e da Vida e, o outro, realizado en Ferrol no ano 1982, a petición do PCG, contra a entrada de España na OTAN. O acto terá lugar o mércores día 2 de Marzo ás 11,30 horas no Auditorio de Caranza en Ferrol. Un dos murais lucirá de xeito permanente no Auditorio de Caranza e o outro de forma temporal. As dúas obras son propiedade do Concello de Ferrol.

A A. C. Fuco Buxán agradece ao Concello de Ferrol que puxera en marcha a posta en valor destas importantes obras e agradece profundamente a boa predisposición para que así fora. Así mesmo, inauguramos con este acto, o Ano Xaime Quesada, cunha serie de actos dedicados á difusión e posta en valor da súa figura e da súa obra e que serán informados puntualmente.

A xunta directiva da A.C. Fuco Buxán


ALBUM FOTOGRÁFICO