A Asociación Cultural Fuco Buxán expresa a súa solidariedade coa Asociación Unificada de Militares Españois e especialmente co subtenente Jorge Bravo, sancionado cun mes e un día de privación de liberdade, por facer declaracións relacionadas con reivindicacións profesionais dos militares, no exercicio do seu cargo como Presidente desa Asociación.
Declaracións que pretenden mellorar a calidade de vida das Forzas Armadas defendendo os dereitos salariais deste colectivo, denunciando o malgasto do diñeiro público en asuntos superfluos e innecesarios.
Consideramos que é un novo ataque ao dereito de Asociación dentro do estamento militar e a aplicación dun réxime disciplinario obsoleto e inadecuado, nun estado democrático que debería velar porque toda a cidadanía - tamén os militares - poidan expresar e defender, con liberdade e dignidade, os seus dereitos profesionais e cidadáns.