O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) deu un varapalo á normativa española sobre desafiuzamentos, confirmando a ilegalidade do procedemento español de execución hipotecaria desde fai vinte anos. O TJUE, de obrigado cumprimento para os xuíces españois, pasa por encima até da normativa estatal e conclúe que se vulnera de forma clara os dereitos fundamentais das persoas afectadas e concretamente o dereito á defensa.
Máis info en Rede Apoio Mútuo Ferrolterra
ENCONTRO SOCIAL
Conxunto
de colectivos, asociacións, organizacións e persoas, unidas
para enfrontarse á Estafa chamada Crise e ás políticas
neoliberais, mediante propostas, denuncias, demandas e
mobilizacións, e construíndo outro modelo social, baseado na
complementariedade, solidariedade, reciprocidade e cooperación
coa creación e mantemento dunha Rede de Apoio Mutuo. O
Encontro Social de Ferrol Terra, reúnense na Asemblea de
movementos, organizacións e persoas. Non se trata só de saír
da Crise, trata-se de saír do Capitalismo.
ASEMBLEA
PLENARIA
Xuntanza aberta a todas as persoas e entidades que teñan interese en dinamizar a Rede Social de Ferrol Terra, tendo como punto de partida o Manifesto do Encontro Social e a Carta de Principios do FSM. ***
A
nova acción política,
terá como unha das tarefas principais, construír unha
economía alternativa, baseada en 'Compartir e Cooperar',
fronte ao modelo Capitalista de 'Acumular e Competir'. Mais
estas tarefas deberán formar parte dun proxecto ideolóxico,
político e social de transformación, onde á existencia do
sector público é fundamental (Alimentación, Financeiro, Enerxía, Infraestruturas,
Sanidade, Ensino, Servizos Públicos...)
|
COMISIÓNS
DE TRABALLO
|
|||||
XORNADAS
As Xornadas son un instrumento do Encontro para a información, debate e formación (Exemplos de xornadas feitas até agora: tres Xornadas de Economía Social e Finanzas Éticas; e unha Xornada de traballo e debate dos Estatutos de Arméria) |