Ante o 1º de maio, a Asociación Cultural Fuco Buxán, súmase as mobilizacións convocadas polos Sindicatos e convida a participar nelas, nunha xornada de loita contra as medidas económicas e antisociais que o Goberno do Partido Popular está a levar a cabo, nun proceso de aniquilación do estado do benestar, a través da privatización dos servizos públicos, da desregularización laboral, da destrucción de emprego, de amparo á corrupción, de instrumentación da mentira como discurso permanente nun proceso acelerado de desmantelamento do estado democrático.
Todas e todos, este 1º de maio, loitando polos nosos dereitos, xunto aos Sindicatos de clase, temos que saír ás rúas exixindo a REACTIVACIÓN ECONÓMICA, EMPREGO DIGNO PARA TODOS/AS, PROTECCIÓN SOCIAL E SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE, MÁIS E MELLOR DEMOCRACIA.

Manifestacións en Ferrol:
CCOO - UGT – USTG :
- 12:00 horas dende o Inferniño.
CIG :
- 13 horas dende o seu local social en Esteiro.
Roldas de Prensa sindicais
no DIARIO DE FERROL: