Saltar ao contido principal

Convite para participar na Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto


Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto.
A vida non se protexe recortando dereitos. 




Este convite vai dirixido a todas aquelas organizacións que traballan no ámbito local e galego e que aínda non forman parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto.

Onte, 27 de maio, constituíuse en Ferrolterra o grupo de traballo local da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto nunha asemblea celebrada no Ateneo Ferrolán na que estábamos convocadas aquelas organizacións que participamos a nivel nacional na Plataforma.

Na asemblea decidiuse facer un chamamento e convite a todas aquelas organizacións que no ámbito local desexen participar neste recen constituído "Grupo de Traballo".

O obxectivo da Plataforma é a de loitar polos dereitos individuais das mulleres e para xuntar forzas e conseguir sensibilizar á cidadanía sobre o dereito das mulleres a decidir sobre o noso corpo e que esta reforma da lei do aborto do ministro Gallardón supón un retroceso de 30 anos na loita polos dereitos da muller.

Convidámoste a que te unas a nós asistindo o próximo mércores 29 de maio as 17:00 horas no Ateneo Ferrolán, aproveitando a presentación en rolda de prensa do Grupo de Traballo da Plataforma en Ferrolterra.

Para as que non poidades estar na rolda de prensa e queirades formar parte da Plataforma podédevos unir escribindo ao correo electrónico mmmferrolterra@gmail.com ou charmar ao tlf: 630235778, ou comunicándollo a calquera das organizacións que xa forman parte da Plataforma.

Para mais información adxuntamos manifesto da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto.

Visita o sitio web da Plataforma en http://feminismo.eu/PlataformaAborto/


Convidámoste a que te unas a nós asistindo o próximo mércores 29 de maio as 17:00 horas no Ateneo Ferrolán.

DIFUNDE E PARTICIPA!!!

ABORTO LIBRE E GRATUÍTO!
AS MULLERES DECIDIMOS!