Saltar ao contido principal

Conferencia "Neoliberalismo, a democracia asediada" (Actos 40º aniv 11-S Chile)




A nosa asociación cultural convídavos este Xoves, 19 de setembro ás 20 horas no Salón de Actos do ATENEO FERROLÁN na rúa Magdalena de Ferrol, ao marco dos actos cos que queremos conmemorar o 40º aniversario dos acontecementos do 11-S en Chile.

A nosa A. C. FUCO BUXÁN comprácese en convidalo/a á conferencia-coloquio que leva por título NEOLIBERALISMO, A DEMOCRACIA ASEDIADA impartida por Omar Contreras, presidente de COSAL (Comité de Solidaridad con América Latina) e na que indagará -neste momento de grave crise económica- nas claves do golpe de Estado neoliberal contra o sistema democrático representado polo goberno presidido por Salvador Allende, establecendo claras semellanzas coa nosa situación actual caracterizada polos déficits sociais, mafiocracia e políticas inxustas e contrarias ós intereses da xente do común.

Neste acto –do que podemos sacar esperanzadoras leccións- se proxectará un audiovisual sobre o golpe militar con lectura de textos a cargo de Lorena Calaza e Susana Alaniz González, “Para que la memoria no se duerma, para que la memoria no se muera”.

Agardando contar coa súa presenza, reciba un cordial saúdo.