A nosa Asociación Cultural manifesta o seu total rexeitamento a decisión de ampliación da prórroga a ENCE. O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, solidarízase coa Asemblea aberta de Ence Fóra da Ría para sempre, e convida a toda a cidadanía a asistir a Manifestación convocada en Pontevedra ante a decisión tomada polo goberno en funcións do PP de conceder unha prórroga a ENCE de 60 anos máis.
Unha delegación da A.C. Fuco Buxán e do CCE estarán presentes nesta mobilización.
Venres 29 de xaneiro ás 20:30 horas
MANIFESTACIÓN,
Saída da Praza da Ferrería - Pontevedra