Saltar ao contido principal

Mobilización dos PreXubilados Empresa Pública




O pasado mércores o Colectivo de Prexubilados da Empresa Pública da Comarca, realizou unha concentración, de cerca de duascentas persoas, ás 12 da mañá fronte ao Edificio da Xunta de Galicia e posteriormente desprazáronse en manifestación ate o Concello de Ferrol.

Na concentración deuse conta da decisión do Goberno do PP de non aplicar o IPC para este ano (2,9 %) - firmado nos acordos cos sindicatos - que tiña que incorporarse ao seu salario garantido, o que supón unha perda importante do poder adquisitivo para eles e para a comarca.

Fíxose entrega dun escrito, tanto nas dependencias da Xunta como no Concello.

Acordaron facer xuntanzas periódicas, todos os primeiros xoves de mes, diante do Edificio da xunta de Galicia, ás 12 horas, para analizar a situación das súas reivindicacións.

Engádese o escrito:



Álbum fotográfico: