Saltar ao contido principal

Ferrol Solucións ! Fotos da Manifestación Navantia.



A Asociación Cultural Fuco Buxán que participou na mobilización de hoxe en Ferrol, se solidariza cos traballadores/as do naval pechados no Concello, e convida a toda a cidadanía a amosar o seu apoio asistindo á Asemblea Popular que teñen convocada para o martes as 11 hs, na Praza de Armas.

Hoxe 1º de decembro en Ferrol, unha vez máis, decenas de miles de persoas encheron as rúas convocadas pola Plataforma Nunca Máis e os Comités de Empresa de Navantia e Compañías Auxiliares, esixindo carga de traballo para o naval e o cumprimento dos compromisos adquiridos polo Partido Popular.

Parlamentarios/as e deputados/as do PSOE, AGE e BNG, Alcaldes e Concelleiros/as, acompañaron esta protesta facendo declaracións aos distintos medios de comunicación sobre a situación dramática que para a comarca de Ferrol - xa cun 32 % de paro e ao bordo do estoupido social - avecíñase tras a entrega do último buque nos próximos días o que supón o despedimento inmediato de preto de 1000 traballadores das Compañías Auxiliares e sen ningunha perspectiva de carga de traballo.

Na Praza de Armas, o escritor Manuel Rivas intervíu para dar lectura a un manifesto conxunto de Nunca Máis e Comités de Navantia e Auxiliares, pedindo solucións para esta comarca e a dimisión dos gobernos do PP que incumpriron todos os seus compromisos electorais, “no que parece unha deterioración consciente e programada para justificar unha nova reconversión"..

Ao remate da Manifestación Os Comités de Navantia e delegados de Auxiliares iniciaron un peche no Concello de Ferrol até o martes, en que se celebrará unha asemblea popular na Praza de Armas ás 11 hs, para dar conta da reunión que se manterá este luns en Madrid, entre o Comité Intercentros e a dirección de Navantia e na que esperan obter información sobre o Plan Estratéxico 2014-2018, documento para o que os sindicatos xa anunciaron que pedirán a retirada xa que a prioridade agora é conseguir carga de traballo.