Saltar ao contido principal

Mobilización Sindicato de Estudantes



Este xoves, 26 de febreiro, ás 12 horas, fronte ao Edificio da Xunta de Galicia - Ferrol

Desde a A.C.Fuco Buxan esiximos a Dimisión Inmediata da Secretaria de Estado de Ensino Monserrat Gomendio e do Ministro de Ensino Ignacio Wert polas súas gravísimas palabras  e polas súas infames e vergoñentas mentiras nas que din que o Sistema Universitario non é sostible. Wert e Monserrat Gomendio volven a  desacreditar, a agredir e atacar salvaxemente a Universidade Pública co obxetivo de desmantelar e rematar con ela, para favorecer a Universidade Privada.

Cremos que a Universidade Pública SÍ é sostible e crontribue a fomentar a movilidade social, a igualdade de oportunidades, a cohesion social, o benestar social e colectivo e a conformar unha cidadanía crítica, solidaria, comprometida, igualitaria, libre e democrática que loita en defensa dos dereitos humanos, contra as inxustizas e desigualdades sociais e por construir un mundo mellor, mais xusto e humano . A.C.Fuco Buxan considera que estos ataques a Universidade Pública, por parte de Wert e Gomendio, son ataques ideoloxicos e neoliberais que  queren privatizar a Universidade e convertela nun coto privado só accesible a unha minoría privilexiada rachando coa igualdade de oportunidades e expulsando os fillos das clases traballadoras e das familias mais necesitadas da Universidade, coa subida salvaxe das taxas universitarias e co recorte brutal das bolsas, para que sexan man de obra barata. Esiximos aos distintos gobernos do PP que non recorten a financiación da Universidade Pública e que destinen mais fondos públicos a sostenela, mantela e financiala.