Saltar ao contido principal

Mércores 26 de outubro - Mobilizacións contra a LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) anunciou en rolda de prensa, un amplo calendario de accións e mobilizacións coas que se dá continuidade a todas as que xa ten desenvolvido desde a aprobación desta Lei. A Plataforma transmitiu ademais a súa “firme vontade de continuar na loita até conseguir derrogar a LOMCE e as reválidas”.

Neste sentido, o portavoz da plataforma, Anxo Louzao, presentou o manifesto da plataforma no que se sintetizan as razóns polas que a PGDEP se opón non só á LOMCE senón tamén á imposición das reválidas.

A continuación, o calendario de accións previstas para este mércores 26 de outubro:

No caso de Ferrol, farase unha concentración fronte o Edificio da Xunta (Pza Amada García) ás 19:00h.

Esta plataforma tamén está a facer unha recollida online de sinaturas esixindo a eliminación das reválidas e a derogación da LOMCE. Para participar, basta con seguir esta ligazón: http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/2016/10/exiximos-eliminacion-das-revalidas-e_10.html



Por outra banda, o Sindicato de Estudiantes tamén promove unha folga para o 26 de outubro e mobilizacións. O manifesto pode descargarse da seguinte ligazón: [PDF - Manifesto]. A mobilización programada para Ferrol sairá ás 12:00h do Edificio da Xunta.