Saltar ao contido principal

Non permitamos que a UE violente os Dereitos Humanos

NON PERMÍTAMOS QUE A UNIÓN EUROPEA VIOLENTE DE FORMA INTOLERABLE OS DEREITOS HUMANOS

Concentración en solidariedade coas persoas refuxiadas e inmigrantes da Unión Europea , este sábado día 19 de marzo ás 19:00 h na Praza amada García, fronte ao edificio da Xunta de Galicia en Ferrol.

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN  súmase e apoia esta Concentración que se organiza en réxime de auto convocatoria:

1.- Denunciar o Acordo que a Unión Europea pretende asinar con Turquía e que contravén os máis elementais dereitos humanos e os acordos internacionais en materia de refuxio e inmigración, entre outras razóns por:

– Establecer a posibilidade de facer deportacións colectivas de persoas,retrotraéndonos aos peores momentos da Historia de Europa do século XX.

– Por pretender “comprar” en Turquía campos de internamento destas persoas para quitarse de forma intolerable esta realidade de enriba.

2.- Esixir que o goberno español promova unha radical oposición a este Acordo entre os gobernos da UE. Esixir tamén que o propio Parlamento Europeo impida a aprobación do mesmo.

3.- Reclamar unhas políticas de refuxio e inmigración a nivel europeo e a nivel do Estado Español acordes coa legalidade internacional e baseadas no respecto aos dereitos humanos.

4.- Esixir unha Política exterior europea que promova solucións pacíficas e razoables dos conflitos que como o de Siria forzan a tantos millóns de persoas no Mundo a buscar protección e refuxio noutros territorios.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142