Saltar ao contido principal

Video da "Factoría Zombie"


"Factoría Zombie" Este é o título da última entrega dirixida polo compañeiro de Rádio Filispim, Miguel Castro (produzóns En Tránsito), con guión del mesmo e de José Torregrosa. Nela se narra, a modo de viñetas radiofónicas, as aventuras de Cornelius K, quen representa a pasividade nunha situación de crise e a quen se lle podería atribuir a frase "se hai que ir se va". A outra cara da moeda a representa a súa compañeira na ficción, María, que vén a ser a súa conciencia e a dignidade.

Unha morea de zombies ben domesticados pola organización do Sindicato Único (S.U.) vén sendo aquela masa de individuos tristemente real que se acomoda nas "conquistas sindicais" que negocian unha "boa liquidación", non só monetaria, senón tamén humana..."

A Asociación Cultural Fuco Buxán, prácese en difundir publicamente a creación de teatro radiofónico escrita por José Torregrosa e Miguel Castro. Ilustracións por Fernando Ocampo. Música orixinal: David García. Tema musical orixinal, interpretado por Laura Montero.
Dirixido e editado: Miguel castro.

Reparto:
Miguel Castro, Helga Méndéz, José Torregrosa, Fernando Ocampo, André "pequeno monstro", Iago Montes, Mirlandy Hernández, Karlotti Valle, Esperanza Vidal, Vicki Taibo, Víctor Novás, Susana Alaniz, Pablo Melaski, Fran Pérez, Lorena Calaza, David García y Raúl del Metal.

Toda unha reflexión sobre os momentos actuais da loita obreira no naval