A A.C. FUCO BUXÁN súmase e convida a participar na Concentración convocada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos:
XOVES 21 DE FEBREIRO, ÁS 19 HS, Diante do Edificio da xunta de Galicia (Praza Amada García - Ferrol)
En defensa dos servizos Públicos e dos dereitos laborais.
A Plataforma ten convocadas mobilizacións, para o xoves, nas sete cidades galegas para manifestar o seu rexeitamento a uns orzamentos que poñen en perigo os servizos públicos, promoven a supresión e despedimento de persoal e deterioran as súas condicións laborais e económicas.
Apoian os Sindicatos: CIG, CCOO, UGT, USTG, USO, CSI-F, CESM, SATSE, USAE, OMEGA, ANPE, STEG, CGT, SIAT, STAJ e ACAIP.
- FERROL: saída ás 19 horas da praza de España.
- A CORUÑA: saída ás 19 horas da praza de Pontevedra.
- SANTIAGO DE COMPOSTELA: saída ás 19 horas da Alameda.
- LUGO: saída ás 19 horas do edificio administrativo da Xunta.
- OURENSE: saída ás 19 horas do pavillón dos Remedios.
- PONTEVEDRA: saída ás 20 horas da praza da Peregrina.
- VIGO: saída ás 20 horas do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz.