A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, facéndonos eco da mobilización chamada " Marea Blanca " que se celebra o domingo día 17 de Febreiro en todo o Estado Español, e que en Galicia conta co apoio de SOS Sanidade Pública, en Defensa da Sanidade Pública, contra as privatizacións, os recortes e o repago.
CHAMAMOS a toda a cidadanía a participar na concentración convocada polo Concello de Narón para o domingo día 17 de febreiro ás 12 h na Praza de Galicia.
- Pola Defensa dunha Sanidade Pública, Gratuíta e Universal, para todos por igual
- Pola construción dos Centros de Saúde comprometidos: Narón, Ares, A Capela e Cedeira, así como a ampliación do Fontenla Maristany e a reapertura do Consultorio da Graña.
- Derogación do decreto do transporte sanitario.
- Derogación do decreto que deixa sen asistencia sanitaria aos inmigrantes en situación irregular.
- Modificación orzamentaria precisa para dotar ao Hospital Naval das melloras necesarias para o seu funcionamento ao 100%.
- Dotar ao Hospital Novoa Santos de contido asistencial pleno.
- Construción dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais na Área Sanitaria de Ferrol.
- Recuperación do Plano de Mellora da Atención Primaria.
- Posta en funcionamento do Plano de Saúde Mental e Drogodependencia.
Facemos un chamamento a que toda a cidadanía acuda á concentración con BATAS BRANCAS, especialmente os/as traballadores/as da Sanidade Pública, ou roupa branca como no conxunto do Estado.
Non a privatización da Sanidade Pública.
ACUDE O DOMINGO DÍA 17 DE FEBREIRO Á PRAZA DE GALICIA EN NARÓN
Blog da plataforma en defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol: Premar nesta ligazón PDSPF