Saltar ao contido principal

23 F Tódos ás Rúas

  
 
A Asociación Cultural Fuco Buxán, súmase e convida aos seus socios e á cidadanía a acudir este Sábado día 23 de Febreiro, ás 18:00 Horas, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na plaza de España, número 2, Ferrol. Por considerar, que tales peticións son totalmente lexítimas e necesarias para o benestar social. Basta xa!

Gürtel, Camps, Correa, El Bigotes, Fabra, ERES, Barcenas, Baltar, Pokemon, Malaya, Palau, Pallarols, ITV, Puyoles, Bankia, Privatización de la Sanidad, RTVE, Destrucción de la Educacón Publica, Urdangarines y Borbónes, 6.000.000 de parados, Pensionazo, Tasazo, Parques Nacionales Privatizados, Corrupción Generalizada, EUROVEGAS, DESAHUCIOS CRIMINALES MASIVOS...

¿A que estamos esperando? El 23 de Febrero, salimos a la calle, exigimos una nueva Constitución y la Refundación de la Democracia. Este Gobierno es Ilegal, Inmoral e Ilegitimo. 

 A que estamos a esperar? O 23 de Febreiro, saímos á rúa, esiximos unha nova Constitución e a Refundación da Democracia. Este Goberno é Ilegal, Inmoral e Ilegitimo.

  POLA LIBERDADE. POLA DEMOCRACIA. POLOS DEREITOS SOCIAIS E AMBIENTAIS

A presión dos mercados financeiros, a débeda ilexítima creada polo propio sistema financeiro especulativo e as brutais políticas de axuste dirixidas contra a maioría da sociedade, xunto coa corrupción e a perda de lexitimidade das institucións, están causando no noso país a maior crise da democracia das últimas décadas.


O crecente desemprego, o ataque á Sanidade e a Educación públicas, ós dereitos laborais e sociais, ao medio ambiente, fíxonos confluír nas rúas, nas mareas cidadás, branca, verde, vermella, laranxa, groga, amarela, negra, azul, violeta? Defendendo os nosos dereitos.


Unha sociedade xusta e viable só será posible si a cidadanía únese para defender os dereitos sociais por riba dos mercados e a política honesta e a xustiza social por riba dos intereses das élites financeiras.


A reforma do artigo 135 da Constitución española, sen consulta algunha á cidadanía, supedita todos os recursos do Estado ó pago desta débeda ilexítima a costa de recortar todos os servizos públicos e de poxar a prezo de saldo o patrimonio do Estado. Esta reforma supuxo un "golpe de estado financeiro", pois maniata ó goberno primando ó pago dos intereses fronte ás obrigacións propias dun Estado Social e de Dereito.


En 1981, tralo golpe militar, a cidadanía manifestouse masivamente en defensa da Liberdade e a Democracia. Agora, 32 anos despois, chamamos a toda a cidadanía, a todas as mareas, asembleas, organizacións e colectivos a confluír nunha xornada de movilización o próximo 23 de febreiro en defensa dunha verdadeira Democracia, a Liberdade e os Dereitos sociais.


Non ó golpe de estado financeiro. Non debemos, non pagamos.


Hai alternativas. Hai solucións:


- Pola Xustiza social e ambiental.
- Pola Transparencia e a Democracia participativa.
- En defensa duns Servizos Públicos e Universais.
- Por unha Auditoria Cidadá da Débeda. Contra a Débeda ilexítima.


"Expresións violentas, racistas, xenófobas, machistas, homófobas, ou fascistas quedan fóra desta convocatoria"