Saltar ao contido principal

A MMM Galiza, Día 28 Moción no Pleno Concello Ferrol




MMM Marcha Galiza Coordenadora Comarcal Marcha Mundial das Mulleres Ferrolterra.

Esperámosvos o xoves 28 ás das 19,30h no salón de plenos do Concello de Ferrol
Agradécese difusión.


A Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres ven realizando dende hai anos concentracións de repulsa cada vez que asasinan a unha muller víctima da violencia machista na Galiza, nesas concentracións pintamos a silueta das mulleres asasinadas, pretendendo que todas e cada unha delas permaneza sempre na lembranza da cidadanía, non so nun minuto de silencio. 

Nas dúas últimas concentracións non poidemos pintar as siluetas porque a Policía Local tiña orde da Concelleira de Igualdade de prohibirnos pintalas.

Mantivemos unha reunión coa Concelleira de Igualdade Verónica Casal Míguez, e mantense na súa postura de prohibirnos pintar a silueta da muller asasinada, baseando a súa prohibición na Ordenanza municipal de Limpeza e recollida de residuos. Pensamos que nin á Marcha nin á cidadanía da Comarca nos pode valer que o PP nos poña esta ordenanza como disculpa absurda.

Polo que mantivemos xunta cos grupos da oposición que no vindeiro Pleno do día 28 de febreiro van presentar unha moción, e unha representante da Marcha vai intervir no Pleno.

Pedímosvos que acudades a este Pleno para amosar o voso apoio a esta moción, e para que a Marcha Mundial das Mulleres poda seguir pintando as siluetas cando asasinan a unha muller vítima da violencia machista.
Imos acudir a este Pleno vestidas todas de negro como medida de protesta, todas as persoas que poidades, por favor, facede o mesmo.

Esperámosvos o xoves 28 ás das 19,30h no salón de plenos do Concello de Ferrol
Agradécese difusión.

Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013

Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968
Coord. Ferrolterra: 696732735
Coord. Compostela: 647735737
Coord. Vigo: 671695968
Coord. Ourense: 652140217
Comunicaçom: 698159764
http://www.feminismo.info