Saltar ao contido principal

MMM: A representación galega chegou a Bilbao. O lúns 5, todas/os a recibilas en Ferrolterra


A representación galega da Marcha Mundial das Mulleres, que esta mañá saíu de Ferrol, chegou esta tarde a Bilbao para incorporarse á Caravana Feminista que desde o Kurdistán percorre Europa e que virá a Ferrolterra o lúns próximo.
Este lúns, día 5, ás 18,30 h, todas e todos estamos convidados e convocados na Estación de Servizo do Polígono Río do Pozo de Narón, para recibilas e integrarnos cos nosos coches na Caravana que chegará ao Cantón de Ferrol, ás 19 hs, (hai reservado aparcadoiro no lateral de Afundación).
No Cantón terá lugar un acto festivo e reivindicativo, apresentado pola actriz Helga Méndez, coas actuacións de Airiños de Fene, Cantareiras Xerfa, Maite Dacosta, Lidia India, Eugenia Sanmartín e Eloís e Sergio.
O martes 6, os actos serán en San Sadurniño e Narón (ver cartaz) e continuarán por Galicia e Portugal ate rematar o día 17 de outubro en Lisboa.