Saltar ao contido principal

Roteiro Ferrol en Feminino 2015



ÁLBUM FOTOGRÁFICO

A A.C. Fuco Buxán participou no roteiro “Ferrol en Feminino 2015” que o pasado 25 de setembro, organizado pola Concellalía da Muller, percorreu as Rúas e Prazas ferrolás para dar a coñecer e salientar a participación da muller, ao longo dos tempos, na Historia da nosa cidade. Mulleres anónimas, peixeiras, carboeiras, augadoras, carrexadoras, lavandeiras, estudantes e tamén outras con nome e apelidos, como:  Concepción Arenal, Aurora Rodríguez, Mela “a carboeira”, Ángeles Alvariño ou Amada García.