Agradécese a difusión desta mensaxe
A Coordinadora Comarcal de
Ferrolterrra da
MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES
QUEREMOS CONVIDARVOS, COMO CADA ANO, A PARTICIPAR
NOS ACTOS QUE TERÁN LUGAR NA
PRAZA DA GÁNDARA (NO MONUMENTO Á
MULLER)
DE NARÓN
ÁS 20:00H.
O MÉRCORES 25 DE NOVEMBRO, PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA
MACHISTA.
"PAREMOS
O FEMINICIDIO"
Neste 25 de novembro, queremos unir as nosas enerxías ás de miles de
mulleres que, arredor do mundo, estarán a denunciar e a amosar o máis profundo
rexeitamento ás violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de
mulleres.
Esperamos, como sempre, a vosa asistencia para seguir denunciando a
violencia machista, e para que, xunto a outras e outros, aportemos as nosas
vontades para facer realidade a utopía doutro mundo que é
necesario construír, libre de violencia e de inxustizas, porque non é bo
continuar con tanta dor, medo e impotencia, rabia, tristeza e frustración, polas
múltiples agresións que, acotío, vivimos as mulleres.
MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UNHA
VIDA SEN VIOLENCIA!!
Mulleres en marcha ata que todas sexamos
libres!!
"As mulleres decidimos"
Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres