Saltar ao contido principal

8 DE MARZO,DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES


 A Coordinadora Local de Ferrolterra Da Marcha Mundial Das Mulleres , Como cada ano:

CONVIDAMOS A TODA A CIDADANÍA A SUMARSE A NOSA VOZ
NESTE 8 DE MARZO,DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES.

AS 19 hs Ma Praza do Inferniño,
baixo o lema : AS MULLERES DECIDIMOS !!

PARTICIPA-DIFUNDE !
"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

===================================================================


O Concello acollerá mañá a homenaxe á Muller do Ano 2017 de Narón con motivo dos actos do 8 de Marzo.

Neste 8 de Marzo adicado á Muller, queríamos por en valor o traballo de miles de mulleres que traballan na confección da nosa roupa e tan invisibilizadas pola moda e as marcas.

Son millóns de mulleres que como as nosas Pura, María, Leonila, Sabina, Angustia e María Graña que despois de moito traballo e sacrificio son expulsadas, abandoadas e esquecidas por un modelo industrial que promove a deslocalizacion, na procura do máximo beneficio a costa da precariedade laboral.

Elas e moitas outras, falan no noso documental Fíos Fóra. Historias de obreiras, entre costuras e patróns, realizado por Illa Bufarda. Un documental no que intentamos por algo de luz sobre este tema tan ninguneado na nosa terra, Galicia. Moitos son os fíos e as historias que se tecen do pasado e presente.

É incrible pensar que xa no 1911 un incendio nunha fábrica de camisas en Nova Iorque matase a 140 mozas, a mayoría inmigrantes, causando gran conmoción e que provocou un cambio na lexislación laboral en UU.EE., e que mais dun século despois tiñamos que seguir reivindicando condicións laborais dignas neste sector.

Despois de mais dun ano de andadura, - o documental estreouse en novembro do 2015 na Coruña- percorrendo Galicia, o resto do estado e outros países, e despois de cumprir os compromisos dos festivais, queremos anunciarvos que dende este 8 de marzo xa tedes dispoñible o seu visionado na nosa web, www.fiosfora.gal.