Informarvos que o vindeiro luns 22 de febreiro ás 12.00 h, realizarase a proxección do documental FÍOS FÓRA no salón de actos do campus de Esteiro, organizada en conxunto coas súas autoras Illa Bufarda e da ONG Amarante Setem.
O documental trata sobre as mulleres traballadoras do sector téxtil, aquí e alá, que foron a man de obra perfecta para erixir unha industria xigante, na actualidade deslocalizada.
Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos
rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector
téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer
unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este documental
fai un novelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. A historia
repítese nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema. Un documental con historias de obreiras entre costuras e patróns. Realizado por Illa Bufarda para Amarante Setem.
Enlaces externos
- Fios Fora - páxina oficial: https://vimeo.com/fiosfora
- Facebook Fios Fora
- Illa Bufarda
- Amarante Setem