Asociación Cultural Fuco Buxán

A Caravana Feminista en Ferrolterra


A Caravana Feminista 2015 da Marcha Mundial das Mulleres, que onte foi recibida nos Cantóns de Ferrol (ÁLBUMFOTOGRÁFICO) estará hoxe – martes 6 - en San Sadurniño e Narón.
As 19 h será recibida no Pazo da Cultura de Narón, alí no Café-Teatro celebrarase a continuación un debate sobre ecofeminismo e a realidade medioambiental da comarca, no que participarán Begoña de Bernardo (activista ecoloxista), Luz Marina Torrente (Comité Cidadán de Emerxencia) e Margarida Prieto (Sindicato Labrego).
A+ | a-

Séguenos no Twitter