Acudide!
Prégase e agradécese difusión! Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega
Nosa Enerxía nace como a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable certificada, apostando pola sustentabilidade enerxética e por unha xestión transparente. A longo prazo, a cooperativa tamén ten como obxectivo a promoción de proxectos de xeración de enerxía renovable de xeito distribuído, como outro dos pasos para acadar un modelo enerxético 100% renovable. O noso funcionamento está baseado no modelo cooperativo, isto significa que somos unha organización participativa, aberta e xestionada de xeito democrático, onde todas as persoas cooperan para evolucionar cara a unha sociedade máis equitativa e sustentable. Actualmente, estamos a facer as xestións administrativas necesarias para poder comercializar enerxía eléctrica, e a continuación, imos poñer en marcha unha fase de probas, onde subministraremos enerxía ás persoas promotoras da cooperativa, e deste xeito poderemos poñer a punto este servizo. Unha vez finalice esta fase de probas, comezaremos a subministrar enerxía a todas aquelas persoas socias que o desexen.