Saltar ao contido principal

Apoio a Nicanor Acosta

 
A nosa Asociación Cultural Fuco Buxán, coma integrante da Plataforma Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, quere mostrar publicamente todo o seu apoio á persoa de Nicanor Acosta, unha persoa loitadora, activista e altruísta, que non merece pasar polos infernos da xustiza española, non merece pasar polo aro das  leis neoliberais, censuradoras e represoras que impuxo o goberno do PP. Nicanor Acosta leva unha longa traxectoria coma activista e opositor aos Desafiuzamentos, e entregado a outras causas sociais, defendendo de maneira altruísta a moitas familias que no seu momento o precisaron, consecuencia de todo iso vai ser xulgado. Xuízos coma este, a activistas sociais, a defensores de causas nobres e xustas incrementaranse máis aínda coa imposta lei mordaza do goberno do PP. A nosa A. C. únese ao chamamento de apoio a Nicanor Acosta ante a concentración convocada por Stop-Desafiuzamentos diante do edificio PROA (Matogrande) o próximo martes 13 de outubro, ás 9.30h, para amosarlle o noso apoio e o rexeitamento á política represiva do Goberno.
 
 =========================================================================

Xuízo ao compañeiro Nicanor Acosta Alonso de Stop Desafiuzamentos d'A Coruña, pola loita contra o despexo de Aurelia Rey en Febreiro de 2013 - Concentración en apoio a Nicanor e contra a represión dos movementos sociais, este Martes, 13 de Outubro, ás 09:30, no Edificio PROA, Matogrande, n'A Coruña.


Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, chama a solidarizar-se co compañeiro Nicanor Acosta (Nico) e o resto de compañeir@s de Stop-Desafizuamentos d'A Coruña, contra a onda represiva que se desatou e segue desatando contra quen defende os dereitos fundamentas, e o derito a unha vivenda digna e adecuada, o dereito a manifestar-se libre mente contra a inxustiza e opoñer unha resistencia pacifica contra os abusos do sistema que exerce contra os pobres e os desposuídos da Terra, o dereito a rebelear-se contra a tirania dos mercados, do Capital. Adiante compañeir@s o futuro é noso, de xustiza, de igualdade, de solidariedade, do bon vivir, .... As compañeira e compañeiros de Ferrolterra estamos con Nicanor. Pan, Traballo, Teito e Dignidade. A continuación transcribimos o comunicado que nos achegaron @s compañeir@s de stop-Desafiuzamentos da Coruña.

Xuízo ao compañeiro Nicanor Acosta do colectivo polo desafiuzamento de Aurelia Rey. | Case tres anos máis tarde, Nicanor segue pendente dun xuízo no que se lle acusa da “provocación de reacciones no público que alteren o podan alterar a seguridade cidadán”. | El só acumula máis de 2.700 € en multas polas distintas mobilizacións do noso colectivo nestes tres anos

O noso compañeiro Nicanor afronta o próximo martes 13 de Outubro un xuízo no contencioso-administrativo contra as multas impostas pola Delegación do Goberno pola súa participación no intento de parar o desafiuzamento de Aurelia Rey en Febreiro de 2013. Tras anos de presentar recursos pola vía administrativa opoñéndose á sanción, este martes o xuíz resolverá o procedemento.

Na sanción acúsase a Nicanor da “provocación de reacciones no público que alteren o podan alterar a seguridade cidadán”, reclamándolle por isto 600 €. O que parece non entender nin a Policía Nacional nin a Delegación do Goberno é que as “reaccións no público” as causaba un grupo de homes armados e uniformados que agrediron á xente para intentar botar da súa casa a unha octoxenaria, e non un home maior cun megáfono.

Este compañeiro de 74 anos de idade, presente en practicamente todas as mobilizacións producidas dende o 15 de Maio de 2011, ten sido un obxectivo sistemático da represión policial. Só pola súa participación nas mobilizacións de Stop Desafiuzamentos A Coruña foi sancionado con multas que, xuntas, reclámanlle máis de 2.700 €; e a isto habería que sumar as correspondentes ao seu compromiso na loita contra as preferentes, polos servizos públicos e de calidade, contra a corrupción, nas Marchas da Dignidade, etc.

Afortunadamente, e grazas á solidariedade de moita xente, Nicanor e as outras compañeiras multadas do noso colectivo teñen garantida a cobertura económica para as sancións tras a campaña “Múltannos a nós para asustarte a ti” que vimos realizando dende 2013. Un éxito do compromiso colectivo fronte ás ameazas, a persecución e o hostigamento que vén realizando o Goberno contra os movementos sociais a través da Policía Nacional e demáis organismos estatais de represión.

Ante a inxustiza e o acoso que está a sufrir o noso compañeiro Nicanor, convocamos unha concentración diante do edificio PROA (Matogrande) o próximo martes 13 de outubro, ás 9.30h, para amosarlle o noso apoio e o rexeitamento á política represiva do Goberno.

SÓ A LOITA FAI XUSTIZA!

NIN CASAS SEN XENTE, NIN XENTE SEN CASA!


Concentración en apoio a Nicanor e contra a represión dos movementos sociais.

Día: Martes, 13 de Outubro.
Hora: 09:30hs.
Lugar: Edificio PROA, Matogrande - A Coruña.

STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA
-desahucios.coruna@gmail.com-
10 de outubro de 2015 12:28

PARTICIPA NO EVENTO:
https://www.facebook.com/events/495923013901455/


Si se Pode !! |Saúde e Vivenda Digna !!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
_______________________________________________________________________________

Xulgan a Nicanor Acosta, activista de 74 anos, polo desaloxo de Aurelia Rey

Redacción | @prazapublica

Nicanor Acosta ten 74 anos. É un coñecido activista da Coruña, presente en todas as manifestacións, concentracións e loitas sociais da cidade. Sempre co seu megáfono, lanzando proclamas ou cedéndoo para que outros se expresen. Comprometido politicamente cos máis desfavorecidos desde a ditadura, mantén ese compromiso e colabora con múltiples colectivos, desde Stop Desafiuzamentos ata as plataformas dos preferentistas ou a Marea Atlántica, cuxa lista electoral integrou nas pasadas eleccións municipais. É ademais, Republicano de Honra de 2015, galardón concedido pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica. O vindeiro martes será xulgado polas multas interpostas na súa contra tras intentar deter o desaloxo da anciá Aurelia Rey en febreiro de 2013.
Nicanor Acosta, de 74 anos, é un coñecido activisa coruñés presente en todas as loitas sociais da cidade
A vista deste martes terá lugar logo de que Nicanor Acosta presentase recursos pola vía administrativa contra as sancións impostas pola Delegación do Goberno, tal e como informa Stop Desafiuzmentos Coruña nun comunicado. O xuíz terá que resolver o procedemento logo de que na sanción se acuse este home da "provación de reaccións no público que alteran ou poden alterar a seguridade cidadá". Reclamásenlle 600 euros, pero, tan só pola súa participación nas mobilizacións contra os desaloxos, xa acumula máis de 2.700 euros de sanción. Non é o único, xa que numerosos activistas da cidade pagaron ou están pendentes de pagar ducias de multas.
Reclámanlle 600 euros por "provocar reaccións no pública que alteran a seguridade cidadá" e xa acumula máis de 2.700 euros en sancións
"O que parece non entender nin a Policía Nacional nin a Delegación do Goberno é que as 'reaccións no público' causábaas un grupo de homes armados e uniformados que agrediron a xente para intentar botar da súa casa a unha octoxenaria, e non un home maior cun altofalante", di Stop Desafiuzamentos. Naquel episodio, varios cargos públicos -como os nacionalistas Francisco Jorquera ou Xosé Manuel Carril- tamén foran expedientados. Do mesmo xeito que Roberto Rivas, o bombeiro que saltou ás portadas por negarse a executar o desaloxo.

No caso de Nicanor Acosta, e de moitos outros activistas, a "solidariedade de moita xente" permitiulles garantir a cobertura económica para sufragar as sancións tras a campaña Múltannos a nós para asustarte a ti que a plataforma realiza desde 2013. "Un éxito do compromiso colectivo fronte ás ameazas e a persecución que vén realizando o Goberno contra os movementos sociais a través da policía nacional e demais organismos estatais de represión", di o colectivo, que denuncia a "inxustiza e acoso que está a sufrir o noso compañeiro".

Por iso, Stop Desafiuzamentos convoca a cidadanía a unha concentración este martes 13 ás 10 horas diante do edificio Proa de Matogrande "para amosarlle a Nicanor o noso apoio e o rexeitamento á política represiva do Goberno".

 
ACUMULA MÁIS DE 2.700€ EN MULTAS
Un activista de 74 anos enfróntase a un xuízo polo desafiuzamento de Aurelia Rei.
 
Nicanor Acosta, activista de Stop Desafiuzamentos, será xulgado este martes na Coruña por participar nas mobilizacións contrarias ao despexo da anciá Aurelia Rei en febreiro de 2013.
 
Nicanor Acosta é un dos activistas multados pola Delegación do Goberno por participar nas mobilizacións que trataron de frear o desafiuzamento de Aurelia Rei en febreiro de 2013. Logo de presentar recursos pola vía administrativa, a xustiza resolverá esta terza feira o procedemento. Acúsaselle da “provocación de reaccións no público que alteren ou poidan alterar a seguridade cidadá” e pídenselle 600 euros de sanción económica.

Nun comunicado, Stop Desafiuzamentos sinala que “o que parece non entender nin a Policía Nacional nin a Delegación do Goberno é que as reaccións no público as causaba un grupo de homes armados e uniformados que agrediron a xente para intentar botar da súa casa a unha octoxenaria, e non un home maior cun megáfono”.

Stop Desafiuzamentos lembra que Nicanor Acosta é un dos activistas que adoita estar presentes en todas as mobilizacións, polo que “ten sido un obxectivo sistemático da represión policial. Neste sentido, o activista de 74 anos ten multas pendentes por valor de máis de 2.700 euros en relación ás protestas contra os despexos, á marxe das sancións correspondentes ao seu compromiso con outras loitas sociais, como no caso das preferentes.

Con motivo do xuízo, Stop Desafiuzamentos convocou unha concentración esta terza feira, 13 de outubro, ás 9.30h, diante do edificio Proa, en Matogrande (A Coruña), onde se atopa o Xulgado do Contencioso-Administrativo.

Nicanor Acosta é unha máis das persoas activistas que tiveron que sentar no banco dos acusados en relación ás mobilizacións que trataron de frear o despexo de Aurelia. Antes de Nicanor xa pasaron polas instalacións xudiciais da Coruña en relación ao caso de Aurelia o coñecido bombeiro Roberto Rivas, o portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, o ex portavoz do BNG no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril, ou o activista Adolfo Naya.