Estrasburgo, 06 Outubro 2015.

A eurodeputada de AGEe exemplificou a inoperancia na planificación da actividade deste hospital en relación aos recursos hospitalarios existentes na cidade olívica, subliñando que, lonxe de incrementar a capacidade de atención sanitaria, como contrapartida á apertura deste centro o Goberno de Núñez Feijoo reaccionou pechando tres hospitais, "o que supón que o número de camas sexa o mesmo e que as urxencias hospitalarias estean totalmente colapsadas".
Asemade, ao fío das reivindicacións laborais levadas adiante por colectivos profesionais como o de enfermería e celadores/as, Senra destacou a privatización "total" dos servizos non sanitarios e de parte das funcións dos/as celadores/as, que ten como consecuencia "unha perda de calidade moi grande nos servizos e tamén a supresión dun grande número de postos de traballo". Tamén deu a coñecer á Comisión a característica do polémico aparcadoiro privado, a través do cal "obrígase a tódalas usuarias e usuarios, e a unha parte do persoal, a pagar por estacionar os seus vehículos cando chegan ao hospital".
A eurodeputada galega finalizou a súa intervención facendo "unha chamada" á Comisión Europea "para que poña fin ás políticas de austeridade", instándoa a "deixar de poñer en perigo a saúde e a vida das persoas; porque a austeridade, mata."
Sesión Plenaria (Estrasburgo)_Intervención libre dun minuto [05/10/2014]
TEMA DA INTERVENCIÓN
Deficiencias no Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo)
ENLACE Á INTERVENCIÓN
https://www.youtube.com/watch?v=WwyPnqVo8k0&feature=youtu.be