Saltar ao contido principal

1º Programa Entrelazados [II Temporada]

1º Programa Entrelazados [II Temporada] programa divulgativo en Lingua Galega coordinado e conducido por Xurxo Gago.
 
Nova Sección: Novas seccións engadidas neste programa, tales coma o "Magazine científico radiofónico" do alumnado do instituto As Mariñas de Betanzos coordinados pola profesora de Ánxela Martínez Cortizas, nesta primeira edición da súa sección, escoitaremos o traballo de Kelly, Sara e Aroa sobre as Drogas e os efectos do seu consumo. Nova Sección: "Música de Brasil e Outras Terras" a cargo de Eugenia Sanmartín, nova colaboradora do programa que estará con nós ao vivo todas as semanas para deleitarnos cos seus saberes musicais. Nova Sección: "Novas da Bisbarra" a cargo do novo colaborador Rubén Dopico (Directivo da A.C Fuco Buxán, Membro das Marchas da Dignidade, activista social entre outras atribucións) que tratará sobre as novas máis relevantes do panorama de Ferrolterra. Música Galega: V Festival de Cantareiras Mestura que tivo lugar o pasado día 3 de outubro en Meirás. Hoxe, escoitaremos un tema da Agrupación Folclórica e Cultural Donas e Galáns e outro dos cantareiros Os Carecos de Ortegal.



Email:entrelazadosnasondas@gmail.com.Twitter:@EntrelazadosRF Blog: http://entrelazadosnasondas.blogspot.com Subscripción ao Podcast:http://www.ivoox.com/s_p2_134729_1.htmlEmisións: Mércores de 21:00 a 22:00 horas.Reposicións: Venres de 02:00 a 03:00 da madrugada, domingos de 09:00 a 10:00 horas da mañá. Podes descargar a APP da Rádio FilispíM na seguinte ligazón:http://www.appsgeyser.com/getwidget/RadioFilispiM%20APP/ou tamén podes descargar a APP Tunein para escoitar a nosa radio dende un smartfone ou tablet.